Saltar ao contido principal

O ABRIGO AZUL

Hellmüt foi un neno prisioneiro dos nazis. A continuación relatarei a súa interesante historia.
Hellmüt vivía en Alemaña, era fillo único (ou eso era o que lle fixeran crer), un dos poucos nesa época e de orixe xudía.
Cando Hitler chegou ao poder el vivía xunto co seu pai agochándose en diferentes lugares ata que un día o exército os descubriu e os levou ao campo de concentración máis próximo a Hitler.
Alí Hellmüt descobriu unha historia que fixo que se enfadase moito co seu proxenitor. Descubriu a un neno que podería pasar facilmente o seu irmán xemelgo (o único que non cadraba era a diferenza de idade entre os dous cativos).
Foi entón cando empezou a sospeitar que algo estaba a acontecer, ata que o seu pai rematou por confesar que ese neno era en realidade seu irmán, Kedrik, que vivía coa súa nai nese campo ata que a ela a mataron por asasinar a un soldado.
Hellmüt enfadouse moito porque seu pai non lle contara antes a verdade e comezou a planear a súa fuga.
Hellmüt posuía un abrigo azul do que nunca se separaba. Agochárase para que non o matasen ao terceiro día, pero os gardas pronto se decataron e colleron ao neno do abrigo azul, quitáronllo, tirárono ao depósito da roupa e levaron ao rapaz diante de Hitler.
A sorpresa foi que o neno ao que colleran non era Hellmüt senón seu irmán Kedrik ao que Hellmüt lle dera o abrigo antes de que o encontraran. El agochouse no depósito da roupa esperando a que tirasen o abrigo porque non quería fuxir sin el. Unha vez que o tiña fuxiu por un sumidoiro, algo que tiña perfectamente estudado. Estivo fuxitivo durante 3 días bebendo nos regatos e comendo animais que había polo monte. Ata que durante o cuarto día deron con el uns pilotos que ían cara España recoller un cargamento de armas, e levaron a Hellmüt con eles.
Ese avión explotou cando ía aterrizar. Dende entón a alma de Hellmüt percorre toda España co seu abrigo azul todas as noites de lúa chea roubando a alma os nenos, como Hitler lla roubou a el.


Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.