Hoxe non é un día calquera. Dende 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil promove a celebración do Día Internacional da Biblioteca cada 24 de Outubro. Como sabemos, este día ten como obxectivo destacar a importancia das bibliotecas escolares polo papel que desempeñan na educación así como promover o gusto pola lectura. Por fortuna, para moita xente (lectores/as, mestres /as, bibliotecarios/as ...) o Día Internacional da Biblioteca segue sendo todos os días do ano así que... sigamos celebrándoo!
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.