Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2015

Xornal Escolar Gañador

O alumnado de 1º de Primaria, xunto coa súa mestra Estefanía Obenza, acadaron o Primeiro premio a nivel provincial do concurso convocado polo xornal La Región. Parabéns a todo o alumnado!!!

O Proxecto ESTALMAT-Galicia

Un total de 355 estudantes de toda Galicia nacidos en 2002 e 2003 participaron o pasado sábado 6 de xuño, nas probas de selección dos 25 estudantes da novena promoción do proxecto Estalmat-Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas, que tivo lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.  O noso colexio estivo representado por 3 alumnas e 3 alumnos que destacan nesta disciplina. Desexámoslle moita sorte a todos eles, aínda que sabemos que o realmente importante é participar!!!! Fotografía coa coordinadora xeral do proxecto, a profesora Elena Vázquez Cendón.