Saltar ao contido principal

O Proxecto ESTALMAT-Galicia


Un total de 355 estudantes de toda Galicia nacidos en 2002 e 2003 participaron o pasado sábado 6 de xuño, nas probas de selección dos 25 estudantes da novena promoción do proxecto Estalmat-Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas, que tivo lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. 
O noso colexio estivo representado por 3 alumnas e 3 alumnos que destacan nesta disciplina. Desexámoslle moita sorte a todos eles, aínda que sabemos que o realmente importante é participar!!!!



Fotografía coa coordinadora xeral do proxecto, a profesora Elena Vázquez Cendón.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.