Dende a biblioteca do Sagrado Corazón queremos desexar a todas as persoas que participan con nós nesta andaina, unhas Felices Festas....E que os Reis Magos veñan cargados de libros para disfrutar nas vacacións!!!! Que o 2014 veña cheo de ilusión e maxia!!!! Feliz ano novo!!!
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.