Os alumnos e as alumnas de 1º de Educación Primaria realizaron distintas actividades na aula con motivo do Magosto, unha festa moi importante na nosa provincia que celebramos no noso cole o pasado martes 11 de novembro, coincidindo co día de San Martiño. Aquí deixamos un pequeno vídeo para que vexades ao grupo recitando unha poesía titulada Doña Castaña.
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.