Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

FELICES FESTAS

Dende a biblioteca do Sagrado Corazón queremos desexar a todas as persoas que participan con nós nesta andaina, unhas Felices Festas....E que os Reis Magos veñan cargados de libros para disfrutar nas vacacións!!!! Que o 2014 veña cheo de ilusión e maxia!!!! Feliz ano novo!!!

XA TEMOS MASCOTA!!!

 Unha vez feito o reconto de votos, podemos anunciar que a mascota gañadora é... Parabéns a María Fernández (3º ESO), autora da que será a mascota da biblioteca do noso centro a partir deste intre!!! Agradecemos tamén a todo o alumnado a súa implicación na procura da mascota.

VOTA POLA TÚA MASCOTA!!!

Xa están publicados todos os debuxos das mascotas finalistas do Concurso Bibliomascota. Agora tócavos elixir a vós o/a premiado/a. Para iso teredes que enviar un comentario no debuxo finalista que máis vos guste, indicando o voso nome e curso (se non ten estos datos non computará como voto) ata o día 13 de decembro (inclusive). Animádevos a participar na elección!!!!!!!!!!!!!!

DRAGGY

LUA

BIBLI

A REGLIÑA LELIÑA

BIDRAGO

FÉLIX

XOÁN

LITERRATO

RUDY

BIO

LIBRETE

LECTUSI

GUMMY

LECTURÍN

DRAGOLÍN

CLAUDY

DON SABIÓN

RAÍZ LECTORA

BUFIÑO

IV Día da Ciencia en Galego

Hoxe, 4 de novembro  é o IV Día da Ciencia en galego.   Neste 2013, o día da ciencia adícase a dúas temáticas (arte e ciencia, e estatística) e a tres persoeiros: Is aac Díaz Pardo, Florence Nightingale e Richard Buckminster Fuller. Son moitas as persoas que empregan o galego en traballos científicos e artísticos. Elixide unha persoa que o faga e indicade en que temática traballa (ou traballou) e  por que vos chama a atención!!!!

CONCURSO BIBLIOMASCOTA

O Colexio Sagrado Corazón convoca Concurso Bibliomascota     O 24 de outubro festéxase o Día Internacional das Bibliotecas. Para celebralo, imos elixir unha mascota para a nosa biblioteca escolar. BASES DO CONCURSO Participantes: Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso. Presentación das propostas: Trátase de buscar unha mascota para a biblioteca con nome propio. Por iso, os/as participantes poderán presentar as súas propostas empregando a técnica e materiais que desexen (témperas, lapis de cores, acuarela, cartulina, etc.) sempre que non excedan o tamaño folio (A4). A proposta debe estar coloreada e o nome da mascota debe aparecer a carón do debuxo. O nome do/a autor/a debe figurar no revés da folla. Xurado: Levarase a cabo unha sele