DÍA DAS BIBLIOTECAS O 24 de outubro de 2026 celébrase o Día das Bibliotecas. Neste día, non só se promove a importancia dos libros senón tamén se recoñece o labor dos bibliotecarios. Mirade os carnés da biblioteca que estamos a preparar!!!! A que son bonitos?
BIBLIOTECA SAGRADO CORAZÓN
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.