BASES DO CONCURSO Participantes: Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso. Traballos: O tema é libre (literatura, historia, misterio, amor, natureza, fantasía, medo, humor,...) e só se admitirán obras orixinais e inéditas. 1ª categoría: Primeiro, Segundo e Terceiro de Educación Primaria. O alumnado poderá participar na seguinte modalidade: Representación gráfica dun autor/a ou obra: os traballos poderán ser elaborados con calquera tipo de material, indicando por detrás o que simboliza ou representa (Rosalía de Castro,Celso Emilio Ferreiro, Manuel Curros Enríquez, Shakespeare, Miguel de Cervantes, Julio Verne, J.K. Rowling,...) 2ª categoría: Cuarto, Quinto e Sexto de Primaria. 3ª categoría: Primeiro, Segundo, Terceiro e Cuarto de Secundaria. O alumnado poderá participar nunha das modalidades seguintes: Poesía (máximo 20 verso
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.