Saltar ao contido principal

MARCOS S. CALVEIRO

Mañá recibiremos unha visita especial no noso centro. O escritor Marcos S. Calveiro (Vilagarcía de Arousa, 1968) falará co alumnado de Educación Secundaria sobre a súa obra.
Marcos S. Calveiro comezou a publicar principalmente no eido da literatura infantil e xuvenil.  Tamén ten escrito poesía  e no ano 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gañou o premio Lazarillo cunha novela en galego.




Obras en galego

Narrativa

·         Festina lente, 2008, Xerais. Premio da Crítica de narrativa galega.
·         Settecento, 2010, Xerais.

Literatura infanto-xuvenil

·        Sari, soñador de mares, 2006, Tambre.
·       Rinocerontes e quimeras, 2006, Tambre.
·     O carteiro de Bagdad, 2007, Tambre. XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil. Traducido ao castelán en 2007, publicado en Edelvives.
·     O canto dos peixes, 2008, Edicións S. M. Premio Barco de Vapor 2008.
·         O pintor do sombreiro de malvas, 2010. Premio Lazarillo 2009 e premio de literatura infanto-xuvenil 2011 da AELG. Traducido ao castelán en 2010, publicado en Edelvives.
·         Centauros do Norte, 2011, Rodeira-Edebé, Premio Raíña Lupa.
·         Palabras de auga, 2012, Xerais.
·         Todos somos, 2013, Xerais.
·         Raro, 2013, Tambre.
·         As palabras poden matar, 2015, Xerais.

 

Poesía

·         Cartas do terceiro día, 2006, Espiral Maior. Premio de poesía Concello de Carral.

 

Ensaio

·         Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, 2011, Xerais.

 

Obras colectivas

·         Tres blues e un rap, 2008, Xunta de Galicia.

Obras en castelán

Literatura infanto-xuvenil
·         El samurái del rey. 1. El camino de Levante, 2010, Edelvives.
·         El samurái del rey. 2. La calavera del indio, 2010, Edelvives. Camino de levante

Premios
·         Premio de poesía Concello de Carral no 2006, por Cartas do terceiro día.
·         Gañador do XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil no 2007, por O carteiro de Bagdad.
·         Premio da Crítica de narrativa galega no 2008, por Festina lente.
·         Premio Barco de Vapor no 2008, por O canto dos peixes.
·         Premio White Ravens no 2008, por O carteiro de Bagdad.
·         Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa para adultos no 2008, por Festina lente.
·         Premio Irmandade do Libro no 2009 ao Mellor Libro Galego do 2008, por Festina lente.
·         Premio Lazarillo no 2009, por O pintor do sombreiro de malvas.
·         Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil no 2010, por O pintor do sombreiro de malvas.
·         Premio Raíña Lupa no 2010, por Centauros do Norte.
·         Premio de literatura infanto-xuvenil 2011 da Asociación de Escritores en Lingua Galega, por O pintor do sombreiro de malvas.
·         Mención como finalista do xurado do Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011, por O pintor do sombreiro de malvas.
·         Premio Merlín no 2012, por Palabras de auga.
·         Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil no 2012, por Palabras de auga.
·         Inclusión nas Listas de honra do IBBY no 2013, por Palabras de auga.


Podedes visitar o blog do autor premendo no seguinte enlace: Marcos S. Calveiro

Comentarios

  1. Un pracer poder contar hoxe coa presenza de Marcos Calveiro e escoitar a súa interesante charla e todo o que explicou sobre as súas obras.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA: FINALISTAS

Xa temos finalistas! Agora tócavos elixir a vós!  Para iso teredes que enviar un comentario indicando o número do lema escollido, o voso nome e o curso (se non ten estos datos non computará como voto) ata o vindeiro xoves 23 de Outubro (inclusive). Animádevos a participar na elección! FINALISTAS 1. Se queres pasar un gran rato, ven ler con Literrato. 2. Pasa un bo rato lendo con Literrato. 3. Aprender y soñar en un mismo lugar. 4. Si quieres aventura lánzate a la lectura. 5. Cada libro encierra un tesoro. Encuéntralo... 6. Para tu cabeza, lo mejor es ir a la biblioteca. 7. Si en el cole aprendes a leer, en la biblioteca sabrás qué hacer. 8. Si mundos maravillosos quieres conocer, coge un libro y ponte a leer.

Finalistas Certame Literario

O alumnado do centro poderá elixir unha obra gañadora entre as finalistas, o fará mediante o seu voto, para o que deberá facer un comentario na obra que desexe que gañe identificándose de forma correcta (ou nome e apelidos ou nome e curso, para verificar que é un voto procedente do alumnado). O día 20 de xuño farase o reconto dos votos emitidos. FINALISTAS: Relato: Las increíbles aventuras del gato man   Destinos diferentes, autor/a Pelirroja   O misterio da casa de enfrente autor/a A.P. Queen

Primeiro día de escola