Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2014

ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis coñecida, naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro   de 1837.  En 1857 publica o seu primeiro libro, o poemario 'La flor' no xornal La Iberia. Rosalía casa no ano 1858, con Manuel Murguía e publica a súa primeira novela: 'La hija del mar'. A partires dese intre c omeza unha vida itinerante: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña… O matrimonio terá sete fillos. Tamén publica un manifesto feminista: “Lieders”. En 1863 publica 'A mi madre' e 'Cantares Gallegos', obra clave no Rexurdimento literario de Galicia. En 1880 publica 'Follas Novas', obra que a consagra como poetisa galega. Rosalía morreu o 15 de xullo de 1885, aos 48 anos de idade. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Andina que ela cantara en célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”. O 25 de maio de 1891 foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao dí

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O Día Internacional da Lingua Materna (DILM) foi proclamado pola Conferencia Xeneral da UNESCO en novembro de 1999. Esta celebración contribúe dende hai máis dunha década a poñer de relevo as múltiples funcións que teñen as linguas para a formación e construción dunha cidadanía mundial onde cada persoa dispoña dos medios reais para contribuír á vida e aos retos da sociedade.Por iso, cada 21 de febreiro, a UNESCO chama a nosa atención sobre a importancia de usarmos e transmitírmoslles ás novas xeracións as linguas autóctonas de cada lugar e, este ano, destaca o seu papel como medios de acceso ao saber e de produción de coñecemento científico. A mensaxe que se quere transmitir neste Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as linguas teñen o mesmo potencial para seren vehículo de investigación e de divulgación científica. Mensaxe da directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, con motivo do Día Internacional da Lingua Materna

A NOSA ESCOLA NOS MEDIOS

A pasada semana, publicaron unha reportaxe na prensa sobre o noso colexio. Por se alguén o perdeu, aquí vos deixamos as páxinas da devandita reportaxe. Mención especial para a nosa recén estreada mascota da biblioteca: Literrato.

EXPOSICIÓN DAS BIBLIOMASCOTAS

Este é a nosa particular aportación ao Día da Ilustración que celebramos o pasado 30 de xaneiro.