Saltar ao contido principal

ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO



Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis coñecida, naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837.
En 1857 publica o seu primeiro libro, o poemario 'La flor' no xornal La Iberia.
Rosalía casa no ano 1858, con Manuel Murguía e publica a súa primeira novela: 'La hija del mar'. A partires dese intre comeza unha vida itinerante: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña… O matrimonio terá sete fillos. Tamén publica un manifesto feminista: “Lieders”. En 1863 publica 'A mi madre' e 'Cantares Gallegos', obra clave no Rexurdimento literario de Galicia. En 1880 publica 'Follas Novas', obra que a consagra como poetisa galega.

Rosalía morreu o 15 de xullo de 1885, aos 48 anos de idade. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Andina que ela cantara en célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”.
O 25 de maio de 1891 foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguinte no mausoleo creado ad hoc polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres. 
Dende o ano 1963, o Día das Letras Galegas conmemórase cada 17 de Maio en homenaxe ao centenario da publicación de Cantares Gallegos.

Se tedes curiosidade, podedes consultar a web da súa fundación oficial: Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro

Como mostra da contemporaneidade dos versos de Rosalía, aquí deixamos tamén un enlace onde podedes ler un dos seus poemas e escoitalo en cinco versións distintas: Negra sombra






Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVA BIBLIO!!!!!!

ESTAMOS EN OBRAS NA BIBLIO!!!!!!!!! Ademais, estamos incluíndo un espazo de POLOS CREA TIVOS!!  

Concurso Samaín 2025

  BASES DO CONCURSO CREATIVO SAMAíN 2025   Estimadas familias: Este ano propoñémosvos un concurso creativo para celebrar a festividade de Samaín. Trátase dunha actividade que elaboraredes na casa axudando e colaborando cos vosos fillos/as de Educación Infantil e Primaria. En que consiste? Cada alumno/a fará ou decorará un gorro de bruxa, utilizando a técnica que máis lle guste ou calquera material que inspire a súa creatividade. Pode ser completamente propio ou axudarnos dunha base xa mercada. Decorádeos ben bonitiños e non esquezades poñerlle unhas palabras terroríficas en galego para que as bruxas poidan facer o seu conxuro con elas. Unha vez rematados, poderédelos entregar directamente a cada titor/a etiquetado co nome e curso de cada alumno/a. Tedes ata o luns 20 de outubro para facernos chegar o voso gorro, senón as bruxas pasarán polo noso centro e non queremos que nos boten unha das súas apócemas ou maldicións... Todas esas obras de arte serán exposta...

Que son os Libros para Nós...

"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera olvidado, un alma que perdona, destruído, un corazón que llora" (Proverbio hindú) Concordades co proverbio ?