Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2014

Día Mundial da Poesía

O alumnado de 1º e 2º de Primaria quixo celebrar este día recitando poemas. Mirade que ben o fan!!!








Tamén se animaron a participar alumnos e alumnas de 4º de Primaria.


Día Mundial da Poesía

Cada ano, o 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía. A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada durante a 30ª reunión da UNESCO celebrada en París en 1999. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.
Por outra parte, este Día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover o seu ensino, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura,... o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que a arte da poesía xa non se considere unha forma anticuada de arte, senón un.


Neste senso, o alumnado do colexio quixo conmemorar esta celebración, e que mellor forma que escribindo e recitando poemas, en castel…

O Entroido no colexio

O alumnado de 4º ESO disfrazouse e posou para unha fotografía... A ver que vos parece!!!



E para o noso alumnado máis pequeno, poñemos uns enlaces onde poden pintar moitas máscaras distintas ou tamén poden imprimilas e pintalas de forma tradicional!
Disfrutade destas festas!!!!

Máscaras de entroido

Máscaras do entroido para imprimir

O Entroido!!

E xa está aquí o Entroido, unha das festas máis divertidas do ano!
Pero que é o entroido? De onde ven a tradición das máscaras? Cales son os pratos típicos destas datas e como se elaboran? ... Se queredes atopar a resposta a todas estas preguntas deixámosvos un enlace sobre o Entroido galego!