Xa están publicados todos os debuxos das mascotas finalistas do Concurso Bibliomascota. Agora tócavos elixir a vós o/a premiado/a. Para iso teredes que enviar un comentario no debuxo finalista que máis vos guste, indicando o voso nome e curso (se non ten estos datos non computará como voto) ata o día 13 de decembro (inclusive). Animádevos a participar na elección!!!!!!!!!!!!!!
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.