Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

VOLTA AO COLE!!

Snoopy , o can máis filosófico, libre e irreverente, creado polo debuxante estadounidense  Charles Schultz , cumpriu  65 anos  o 10 de agosto de 2015, e este ano é o encargado de darvos a benvida ao novo curso 2015-2016!!!

Xornal Escolar Gañador

O alumnado de 1º de Primaria, xunto coa súa mestra Estefanía Obenza, acadaron o Primeiro premio a nivel provincial do concurso convocado polo xornal La Región. Parabéns a todo o alumnado!!!

O Proxecto ESTALMAT-Galicia

Un total de 355 estudantes de toda Galicia nacidos en 2002 e 2003 participaron o pasado sábado 6 de xuño, nas probas de selección dos 25 estudantes da novena promoción do proxecto Estalmat-Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas, que tivo lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.  O noso colexio estivo representado por 3 alumnas e 3 alumnos que destacan nesta disciplina. Desexámoslle moita sorte a todos eles, aínda que sabemos que o realmente importante é participar!!!! Fotografía coa coordinadora xeral do proxecto, a profesora Elena Vázquez Cendón.

LETRAS GALEGAS 2015

Cada 17 de maio festexamos na nosa comunidade autónoma o Día das Letras Galegas. Foi en 1963 cando se decidiu homenaxear a todas aquelas persoas de grande relevancia pola súa traxectoria adicada á creación literaria en galego ou pola defensa da nosa lingua. A celebración de tan sinalado evento foi proposta por algúns membros da Real Academia Galega que con motivo da conmemoración do centenario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (obra que marca o inicio do Rexurdimento) consideraron que a Academia debía fixar a data para unha celebración anual. Propúxose o día 17 de maio por ser cando Rosalía de Castro adicou a súa obra á súa amiga Fernán Caballero, sendo a propia Rosalía a primeira homenaxeada.  Ao longo de todos estes anos de celebracións, son moitos os autores e as autoras aos que se lles ten adicado o Día das Letras Galegas. Así por exemplo, grandes escritores da nosa vila coma Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro foron homenaxeados en 1967 e 1989 respectiv

Xosé Filgueira Valverde

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas neste 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade. Figueira Valverde estudou o Bacharelato en Pontevedra e obtivo en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtivo en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballou como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixiu a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colaborou en diversos medios de comunicación e en 1932 foi nomeado membro da Real Academia da Historia. Dende 1942 foi membro da Real Academia Galega e en 1953 foi nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 foi alcalde de Pontevedra e recibiu varios premios e condecoracións. Son moitos os campos do sa

PREMIO DO ALUMNADO 2015

Xa temos á derradeira gañadora do Certame Literario deste ano! Parabéns a María Miranda Varela de 1º de Primaria que participou na edición deste ano coa obra Colette. Foi ela quen acadou o maior número de votos entre o alumnado do centro. Grazas a todos/as por participar na elección!

¡NOS INVADEN LAS HORMIGAS!

El año pasado, tras un largo curso escolar, ¡por fin habían llegado las vacaciones! Tres largos meses para descansar y prepararse para un nuevo curso. Y ¡nos íbamos a la playa! El tiempo era ideal, la temperatura cálida, la brisa, suave y los pájaros cantando…¡qué bien! Solo faltaba una semana para irse a la playa. Ya habían pasado junio, julio y algunos días de agosto, en los que practicamos natación en la piscina. El día antes de irnos, cogimos las últimas cosas y a la mañana siguiente pusimos rumbo a la costa. Y como era de esperar, mi abuela también venía. Ella fue la causante del terrible problema que os voy a contar. El sitio era genial, y no tardamos en acostumbrarnos, con un fantástico supermercado cerca, panadería y bar. En el supermercado nos compramos un apetecible melón, que empezamos al día siguiente. De hecho, como comentamos en presencia de la abuela que estaba bueno, decidió dejar las semillas para sembrarlas en la huerta de casa al volver. Pero había qu

MI ÚNICO PENSAMIENTO

Rubén Gómez Martínez

FINALISTAS: DERRADEIRA VOTACIÓN

Xa están publicados os traballos finalistas e gañadores do Certame Literario. Agora tócavos elixir a vós. Para iso teredes que enviar un comentario no traballo finalista que máis vos guste, indicando o voso nome e curso (se non ten estos datos non computará como voto). O prazo para votar remata o vindeiro mércores 6 de maio. Animádevos a participar na elección!

HARRY POTTER

Elena Pérez Cortizo (1º de Educación Primaria)

GERÓNIMO STILTON

Alberto Pérez (1º de Primaria)

SUPERMAN

Raúl Gómez Martínez (3º de Primaria)

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

Óscar Montes Domínguez (1º de Primaria)

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Carlota Regal González (1º de Educación Primaria)

COLETTE

María Miranda Varela (1º de Educación Primaria)

CELSO EMILIO FERREIRO

Marta Ferreira (1º de Educación Primaria)

CELSO EMILIO FERREIRO

Thalía Mera Marquina (1º de Educación Primaria)

HARRY POTTER

Jacobo Rodríguez Arias (1º de Educación Primaria)

WILLIAM SHAKESPEARE

Iria Araujo Losada (3º de Educación Primaria)

HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Andrea Araujo Losada (3º de Educación Primaria)

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Sebastián Salgado Seijo (1º de Educación Primaria)

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Alejandra Sánchez Montero (3º de E.P.)

ROSALÍA DE CASTRO

Retato de Rosalía de Castro elaborado por Adrián Fernández Nieto (1º de E.P.)

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

Boneco articulado de Don Quijote de la Mancha. Creadora: Saray Esperanza Martínez (3º E.P.)

CELSO EMILIO FERREIRO

Estela Vázquez Dapía (1º E.P.) Reverso da escultura

CENICIENTA

Victoria Piña Cortiñas (1º E.P.)

FEDERICO GARCÍA LORCA

Zaira Álvarez Garrido (3º E.P.)

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, non é un día calquera. Hai xa algúns anos que nesta data se conmemora o Día do Libro e dos Dereitos de Autor/a.   A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Trátase dunha data importante para o fomentar a lectura, para reforzar os vínculos entre os/as lectores/as e os libros e sobre todo para tentar desenvolver un espíritu crítico e un pensamento propio entre os/as escolares. Por fortuna, para moita xente (lectores/as,   mestres /as, bibliotecarios/as ...) o Día do Libro segue sendo todos os días do ano así que… a seguir celebrándoo!

III CERTAME LITERARIO ESCOLAR: TRABALLOS PREMIADOS

EDUCACIÓN PRIMARIA Retratos de autores e autoras Rosalía de Castro de Adrián Fernández Nieto (1º E.P.) Federico García Lorca de Zaira Álvarez Garrido (3º E.P.) Personaxes de obras literarias Cenicienta de Victoria Piña Cortiñas (1º E.P.) Carapuchiña Vermella de Alejandra Sánchez Montero (3º E.P.) Poesía Os avós de Santiago Gómez González (6º de E.P.) Relato Un amor imposible de Lucía Núñez (6º de E.P.) ¡Nos invaden las hormigas! de Lorena Fernández Rodríguez (5º de E.P.) Teatro Un gran explorador de Santiago Gómez González (6º de E.P.) El nuevo Almirante de Lucía Núñez (6º de E.P.) Premios especiais pola súa orixinalidade Don Quijote de La Mancha de Saray Esperanza Martínez (3º de E.P.) Celso Emilio Ferreiro de Estela Vázquez Dapía (1º de E.P.)

LECTURA COLECTIVA: ARTURO E CLEMENTINA

Esta semana, o alumnado de 1º de E.P. acudiu á biblioteca do noso centro para seguir a traballar con obras que tratan cuestións como a igualdade ou a coeducación. O conto seleccionado para levar a cabo unha lectura colectiva e afondar nas devanditas cuestións cos nenos e nenas do grupo foi Arturo e Clementina, unha fábula da prestixiosa escritora e historiadora italiana Adela Turín que reivindica o rol feminino na sociedade e combate os estereotipos sexistas.       Podedes atopar máis información sobre esta obra e outras publicacións semellantes premendo no seguinte enlace: SUXERENCIAS LITERARIAS