Esta semana, o alumnado de 1º de E.P.
acudiu á biblioteca do noso centro para seguir a traballar con obras que tratan
cuestións como a igualdade ou a coeducación. O conto seleccionado para levar a
cabo unha lectura colectiva e afondar nas devanditas cuestións cos nenos e nenas do grupo
foi Arturo e Clementina, unha fábula da prestixiosa escritora e historiadora
italiana Adela Turín que reivindica o rol feminino na sociedade e combate os
estereotipos sexistas.
Podedes atopar máis información sobre esta obra e outras publicacións
semellantes premendo no seguinte enlace: SUXERENCIAS LITERARIAS
Comentarios
Publicar un comentario