Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Novo Equipo Biblioteca

Concurso Samaín 2025

  BASES DO CONCURSO CREATIVO SAMAíN 2025   Estimadas familias: Este ano propoñémosvos un concurso creativo para celebrar a festividade de Samaín. Trátase dunha actividade que elaboraredes na casa axudando e colaborando cos vosos fillos/as de Educación Infantil e Primaria. En que consiste? Cada alumno/a fará ou decorará un gorro de bruxa, utilizando a técnica que máis lle guste ou calquera material que inspire a súa creatividade. Pode ser completamente propio ou axudarnos dunha base xa mercada. Decorádeos ben bonitiños e non esquezades poñerlle unhas palabras terroríficas en galego para que as bruxas poidan facer o seu conxuro con elas. Unha vez rematados, poderédelos entregar directamente a cada titor/a etiquetado co nome e curso de cada alumno/a. Tedes ata o luns 20 de outubro para facernos chegar o voso gorro, senón as bruxas pasarán polo noso centro e non queremos que nos boten unha das súas apócemas ou maldicións... Todas esas obras de arte serán exposta...

A nosa nova Biblioteca Móbil: Libros sobre rodas!

A lectura atopou unha nova forma de viaxar polos corredores do centro. Desde hai unhas semanas, o alumnado pode descubrir unha iniciativa tan orixinal como ilusionante: a Biblioteca Móbil, un estante sobre rodas repleto de libros (actualmente de libros de agasallo para que leven a casa sen ter que devolvelos) pero máis adiante percorrerá os corredores e os patios ofrecendo lecturas para todos os gustos…! Este proxecto, impulsado polo novo equipo de Biblioteca, nace cun propósito claro: achegar os libros ao alumnado e fomentar o pracer da lectura sen obrigacións. Os exemplares, serán seleccionados con mimo, procedentes do noso amplo catálogo da biblioteca, así como doazóns e adquisicións pensadas para cada idade e nivel lector. A idea é sinxela pero poderosa: cada estudante poderá elixir un libro, levalo durante o tempo de recreo e devolvelo antes de subir de novo a súa aula. A Biblioteca Móbil intégrase dentro do actualizado Plan de Biblioteca e do Proxecto Lector, de Escritura e...

Benvidos ao curso 2025/2026!

Unha nova páxina por escribir na nosa biblioteca Comeza un novo curso, e con el, unha infinidade de historias por descubrir, ideas por compartir e soños por construír entre os andeis da nosa biblioteca. O curso 2025/2026 abre as súas portas e queremos conseguir que durante este curso académico, a biblioteca convértase nese recuncho onde a curiosidade espértase, a imaxinación expándese e a aprendizaxe gózase. Durante este ano escolar, a nosa biblioteca será máis que un lugar de reforzo escolar ou de consulata: será un espazo vivo, cheo de encontros, proxectos e experiencias compartidas. Haberá novidades literarias, actividades de polos creativos, recuncho de radio e moitas sorpresas máis pensadas para todos os niveis e gustos lectores.             O noso obxectivo será que cada alumno/a, docente e familia senta a biblioteca como súa. Un lugar onde perderse entre libros… e atoparse con novas formas de pensar. Porque ler non só ensínanos, tamén nos conect...