BASES DO CONCURSO CREATIVO SAMAíN 2025
Estimadas familias:
Este
ano propoñémosvos un concurso creativo para celebrar a festividade de Samaín.
Trátase
dunha actividade que elaboraredes na casa axudando e colaborando cos vosos fillos/as
de Educación Infantil e Primaria.
En
que consiste?
Cada
alumno/a fará ou decorará un gorro de bruxa, utilizando a técnica que máis lle
guste ou calquera material que inspire a súa creatividade. Pode ser completamente
propio ou axudarnos dunha base xa mercada.
Decorádeos
ben bonitiños e non esquezades poñerlle unhas palabras terroríficas en galego
para que as bruxas poidan facer o seu conxuro con elas.
Unha
vez rematados, poderédelos entregar directamente a cada titor/a etiquetado co nome
e curso de cada alumno/a. Tedes ata o luns 20 de outubro para facernos chegar o
voso gorro, senón as bruxas pasarán polo noso centro e non queremos que nos
boten unha das súas apócemas ou maldicións...
Todas
esas obras de arte serán expostas no colexio durante a tempada de Samaín, e ademais,
participaredes nun concurso con premios moi especiais para os gorros máis orixinais
de cada ciclo!
Non
perdades a oportunidade: que os vosos/as peques participen nesta actividade creativa
e divertida! Estamos desexando ver esas “horripilantes” obras de arte!
Un saúdo.


Comentarios
Publicar un comentario