Saltar ao contido principal

24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares


En tempos de pantallas e présas, a biblioteca segue sendo un refuxio de calma, curiosidade e encontro. Celebrar o seu día é lembrar que, entre as páxinas dun libro, caben todos os soños posibles. Porque unha escola con biblioteca é unha escola con alma. E cada lector que cruza a súa porta contribúe a manter viva esa chama.

No noso colexio, queremos conseguir que a biblioteca sexa moito máis que un lugar para ler; queremos un punto de encontro onde as ideas crúzanse, onde cada alumno/a atopa un recuncho propio e cada libro unha nova oportunidade para inspirar.

                                                                           

Desde aquí nacerán moitos proxectos, moitísimos!, compartiranse lecturas, descobreranse autores e espertaranse vocacións. Con cada préstamo, cada visita, cada conversación entre andeis contribuiremos a un montón de historias q que formarán parte da memoria da nosa comunidade educativa.

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que son os Libros para Nós...

"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera olvidado, un alma que perdona, destruído, un corazón que llora" (Proverbio hindú) Concordades co proverbio ?

NOVA BIBLIO!!!!!!

ESTAMOS EN OBRAS NA BIBLIO!!!!!!!!! Ademais, estamos incluíndo un espazo de POLOS CREA TIVOS!!  

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL

1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA Maruxa. Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. OQO Editora. Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha grandísima habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude. O cullarapo Croque. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso. Neste libro atoparedes poemas que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto, a individualidade....Os textos van acompañados por unas fermosísimas ilustracións. Un bicho extraño. Mon Daporta. Kalandraka. Unha historia sen fin, porque pasando as páxinas e dándolle a volta ao conto, podedes comezar de novo.   Rima e ritmo, para descubrir a función lúdica da lectura. 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA A nena á que non deixaban ser feliz. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso. A protagonista da obra enfróntase ao patriarcado establecido nunha orde social ríx...