Saltar ao contido principal

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL

1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Maruxa. Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. OQO Editora.
Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha grandísima habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.



O cullarapo Croque. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso.
Neste libro atoparedes poemas que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto, a individualidade....Os textos van acompañados por unas fermosísimas ilustracións.








Un bicho extraño. Mon Daporta. Kalandraka.
Unha historia sen fin, porque pasando as páxinas e dándolle a volta ao conto, podedes comezar de novo. Rima e ritmo, para descubrir a función lúdica da lectura.








3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A nena á que non deixaban ser feliz. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso.
A protagonista da obra enfróntase ao patriarcado establecido nunha orde social ríxida. Atopamos neste libro un reflexo da realidade do mundo dos nosos tempos.







Abuelas. Raquel Díaz Reguera. Lumen.
Non hai conto de fadas máis máxico co que unha avoa pode contarche co arquivo fotográfico da súa vida...






5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas. Xerais.
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle ao seu pai un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un susto, un agasallo moi singular: un cadaleito!!!






A praia da esperanza. Agustín Fernández Paz. Editorial Xerais.
Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para súa casa...Unha interesante historia do prestixioso escritor galego Agustín Férnández Paz.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVA BIBLIO!!!!!!

ESTAMOS EN OBRAS NA BIBLIO!!!!!!!!! Ademais, estamos incluíndo un espazo de POLOS CREA TIVOS!!  

Concurso Samaín 2025

  BASES DO CONCURSO CREATIVO SAMAíN 2025   Estimadas familias: Este ano propoñémosvos un concurso creativo para celebrar a festividade de Samaín. Trátase dunha actividade que elaboraredes na casa axudando e colaborando cos vosos fillos/as de Educación Infantil e Primaria. En que consiste? Cada alumno/a fará ou decorará un gorro de bruxa, utilizando a técnica que máis lle guste ou calquera material que inspire a súa creatividade. Pode ser completamente propio ou axudarnos dunha base xa mercada. Decorádeos ben bonitiños e non esquezades poñerlle unhas palabras terroríficas en galego para que as bruxas poidan facer o seu conxuro con elas. Unha vez rematados, poderédelos entregar directamente a cada titor/a etiquetado co nome e curso de cada alumno/a. Tedes ata o luns 20 de outubro para facernos chegar o voso gorro, senón as bruxas pasarán polo noso centro e non queremos que nos boten unha das súas apócemas ou maldicións... Todas esas obras de arte serán exposta...

Que son os Libros para Nós...

"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera olvidado, un alma que perdona, destruído, un corazón que llora" (Proverbio hindú) Concordades co proverbio ?