Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2026

LETRAS GALEGAS 2026

Cada 17 de maio festexamos na nosa comunidade autónoma o Día das Letras Galegas. Foi en 1963 cando se decidiu homenaxear a todas aquelas persoas de grande relevancia pola súa traxectoria adicada á creación literaria en galego ou pola defensa da nosa lingua. A celebración de tan sinalado evento foi proposta por algúns membros da Real Academia Galega que con motivo da conmemoración do centenario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (obra que marca o inicio do Rexurdimento) consideraron que a Academia debía fixar a data para unha celebración anual. Propúxose o día 17 de maio por ser cando Rosalía de Castro adicou a súa obra á súa amiga Fernán Caballero, sendo a propia Rosalía a primeira homenaxeada.  Ao longo de todos estes anos de celebracións, son moitos os autores e as autoras aos que se lles ten adicado o Día das Letras Galegas. Así por exemplo, grandes escritores da nosa vila coma Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro foron homenaxeados en 1967 e 1989 respe...

Día Mundial da Reciclaxe (mañá 17/05)

Para celebrar o Día Mundial da Reciclaxe , que será mañá, aquí vos deixamos un fermoso miniconto de Naturizo!!!!!!  Que gran ourizo!! Ademais podedes realizar esta actividade na vosa casiña! É unha ac tividade sostible!

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, non é un día calquera. Hai xa algúns anos que nesta data se conmemora o Día do Libro e dos Dereitos de Autor/a.   A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Trátase dunha data importante para o fomentar a lectura, para reforzar os vínculos entre os/as lectores/as e os libros e sobre todo para tentar desenvolver un espíritu crítico e un pensamento propio entre os/as escolares. Por fortuna, para moita xente (lectores/as,   mestres /as, bibliotecarios/as ...) o Día do Libro segue sendo todos os días do ano así que… a seguir celebrándoo!
Xa temos finalistas do Certame da Mascota da Biblioteca Escolar!!!!! A vindeira semana coñeceremos o gañador!!!!

CERTAME DA MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR 2026

BASES DO CONCURSO Participantes: Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso. Traballos: O tema é libre (literatura, historia, misterio, amor, natureza, fantasía, medo, humor,...) e só se admitirán obras orixinais e inéditas. 1ª categoría: Primeiro, Segundo e Terceiro de Educación Primaria. O alumnado poderá participar na seguinte modalidade: Representación gráfica dun autor/a ou obra:  os traballos poderán ser elaborados con calquera tipo de material, indicando por detrás o que simboliza ou representa (Rosalía de Castro,Celso Emilio Ferreiro, Manuel Curros Enríquez, Shakespeare, Miguel de Cervantes,  Julio Verne, J.K. Rowling,...) 2ª categoría: Cuarto, Quinto e Sexto de Primaria. 3ª categoría: Primeiro, Segundo, Terceiro e Cuarto de Secundaria. O alumnado poderá participar nunha das modalidades seguintes: ...

Día Mundial da Poesía

Cada ano, o 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía. A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada durante a 30ª reunión da  UNESCO  celebrada en París en 1999. De acordo coa decisión da  UNESCO , o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas. Por outra parte, este Día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover o seu ensino, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura,... o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que a arte da poesía xa non se considere unha forma anticuada de arte, senón un.

O Entroido!!

E xa está aquí o Entroido, unha das festas máis divertidas do ano! Pero que é o Entroido? De onde ven a tradición das máscaras? Cales son os pratos típicos destas datas e como se elaboran? ... Se queredes atopar a resposta a todas estas preguntas deixámosvos un enlace sobre o Entroido galego! O entroido tradicional galego

CONCURSO BIBLIOMASCOTA

O Colexio Sagrado Corazón convoca Concurso Bibliomascota Para celebrar por todo o grande neste curso académico 2025-2026 a renovación da nosa Biblioteca Escolar, imos elixir unha mascota para ela. BASES DO CONCURSO Participantes: Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso. Presentación das propostas: Trátase de buscar unha mascota para a biblioteca con nome propio. Por iso, os/as participantes poderán presentar as súas propostas de edición propia empregando a técnica e materiais que desexen (témperas, lapis de cores, acuarela, deseño dixital, etc.) sempre que non excedan o tamaño folio (A4) e sexan en formato 2D. A proposta debe estar coloreada e o nome da mascota debe aparecer a carón do debuxo. O nome do/a autor/a debe figurar no revés da folla. ...