Saltar ao contido principal

CONCURSO BIBLIOMASCOTA

O Colexio Sagrado Corazón
convoca
Concurso Bibliomascota

Para celebrar por todo o grande neste curso académico 2025-2026 a renovación da nosa Biblioteca Escolar, imos elixir unha mascota para ela.

BASES DO CONCURSO
Participantes:
Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso.

Presentación das propostas:
Trátase de buscar unha mascota para a biblioteca con nome propio. Por iso, os/as participantes poderán presentar as súas propostas de edición propia empregando a técnica e materiais que desexen (témperas, lapis de cores, acuarela, deseño dixital, etc.) sempre que non excedan o tamaño folio (A4) e sexan en formato 2D.
A proposta debe estar coloreada e o nome da mascota debe aparecer a carón do debuxo. O nome do/a autor/a debe figurar no revés da folla.

Xurado:
Levarase a cabo unha selección das mellores propostas e a continuación serán expostas no taboleiro de anuncios das actividades e novas da biblioteca e no seu propio blog www.bibliotecacprsagcorazon.blogspot.com.es.
A elección final correrá a cargo dos compoñentes do Equipo de Biblioteca.

Premios e distincións:
O/A gañador/a do concurso terá a honra de ter sido elixido como o/a creador/a da mascota da biblioteca do centro, que a partir dese momento formará parte da andaina académica de todo o alumnado e recibirá un agasallo.
O fallo do xurado farase público en abril, antes da conmemoración do Día do Libro.

Prazos e recepción de debuxos:
O Concurso queda aberto a partir da presente convocatoria.

O prazo de entrega das obras vence o día 10 de abril.
Os traballos entregaranse aos membros do equipo lector (Mónica, Begoña, Lola, Mirian Nieto, Cristóbal e Verónica).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVA BIBLIO!!!!!!

ESTAMOS EN OBRAS NA BIBLIO!!!!!!!!! Ademais, estamos incluíndo un espazo de POLOS CREA TIVOS!!  

Concurso Samaín 2025

  BASES DO CONCURSO CREATIVO SAMAíN 2025   Estimadas familias: Este ano propoñémosvos un concurso creativo para celebrar a festividade de Samaín. Trátase dunha actividade que elaboraredes na casa axudando e colaborando cos vosos fillos/as de Educación Infantil e Primaria. En que consiste? Cada alumno/a fará ou decorará un gorro de bruxa, utilizando a técnica que máis lle guste ou calquera material que inspire a súa creatividade. Pode ser completamente propio ou axudarnos dunha base xa mercada. Decorádeos ben bonitiños e non esquezades poñerlle unhas palabras terroríficas en galego para que as bruxas poidan facer o seu conxuro con elas. Unha vez rematados, poderédelos entregar directamente a cada titor/a etiquetado co nome e curso de cada alumno/a. Tedes ata o luns 20 de outubro para facernos chegar o voso gorro, senón as bruxas pasarán polo noso centro e non queremos que nos boten unha das súas apócemas ou maldicións... Todas esas obras de arte serán exposta...

Que son os Libros para Nós...

"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera olvidado, un alma que perdona, destruído, un corazón que llora" (Proverbio hindú) Concordades co proverbio ?