Saltar ao contido principal

III CERTAME LITERARIO ESCOLAR



BASES DO CONCURSO

Participantes:
Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso.
Traballos:
O tema é libre (literatura, historia, misterio, amor, natureza, fantasía, medo, humor,...) e só se admitirán obras orixinais e inéditas.


1ª categoría: Primeiro, Segundo e Terceiro de Educación Primaria.

O alumnado poderá participar na seguinte modalidade:

Representación gráfica dun autor/a ou obra: os traballos poderán ser elaborados con calquera tipo de material, indicando por detrás o que simboliza ou representa (Rosalía de Castro,Celso Emilio Ferreiro, Manuel Curros Enríquez, Shakespeare, Miguel de Cervantes, Julio Verne, J.K. Rowling,...)

2ª categoría: Cuarto, Quinto e Sexto de Primaria.
3ª categoría: Primeiro, Segundo, Terceiro e Cuarto de Secundaria.

O alumnado poderá participar nunha das modalidades seguintes:

Poesía (máximo 20 versos)
Relato curto (ata 500 palabras)
Relato (ata 1500 palabras)
Cómic
Teatro

As composicións poderán estar escritas en galego, castelán, inglés ou francés e ir encabezadas por un título. Presentaranse sen asinar e sen nome do/a autor/a. Os traballos deberán realizarse individualmente. Farase entrega dun exemplar de cada obra.
Para garantir o anonimato dos concursantes os traballos entregaranse baixo un pseudónimo (a identidade da persoa que ten ese pseudónimo só se fará pública despois da decisión do xurado, a correspondencia do nome do/a autor/a co pseudónimo será coñecida polo titor/a de cada curso).

Presentación:
Os traballos de Educación Primaria en calquera das categorías poderán presentarse en formato papel ou dixital. Os traballos correspondentes a Educación Secundaria deberán presentarse en formato dixital.
Xurado:
O xurado estará formado polos compoñentes do proxecto lector e polo alumnado.

Premios e distincións:
Outorgaranse un máximo de 2 premios por cada modalidade.
No caso de que as obras non acaden unha calidade mínima (presentación, ortografía, redacción, etc.), o xurado poderá declarar o premio deserto.
O fallo do xurado farase público o 23 de abril, Día do Libro.

Prazos e recepción de escritos:
O Concurso queda aberto a partir da presente convocatoria.
O prazo de entrega das obras vence o día 13 de abril.
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, poderán entregar os debuxos aos membros do equipo lector (Cristóbal, Estefanía, Fátima e Lola). O alumnado de Educación Secundaria e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria enviarán os seus traballos ó enderezo electrónico: biblioteca.cprsagcorazon@gmail.com.

Entrega de Premios:
Os premios entregaranse en xuño de 2015 en presenza do xurado e de todos os profesores/as e compañeiros/as do centro.

Bases:
O feito de participar neste concurso implica a total aceptación das súas bases.
As obras premiadas serán publicadas na páxina web  do centro  que poderá facer uso delas coa finalidade de fomentar o gusto pola lectura.




Comentarios

  1. Los relatos y poesías que se presenten en formato digital mediante el correo electronico pueden contener dibujos escaneados? Pueden llevar portada o no?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Os traballos presentados poderán estar ilustrados e levar portada (ou non) con independencia da vía pola que se fagan chegar. Non é obrigatorio, é unha cuestión que pode decidir cada participante en función do que máis lle guste.

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA: FINALISTAS

Xa temos finalistas! Agora tócavos elixir a vós!  Para iso teredes que enviar un comentario indicando o número do lema escollido, o voso nome e o curso (se non ten estos datos non computará como voto) ata o vindeiro xoves 23 de Outubro (inclusive). Animádevos a participar na elección! FINALISTAS 1. Se queres pasar un gran rato, ven ler con Literrato. 2. Pasa un bo rato lendo con Literrato. 3. Aprender y soñar en un mismo lugar. 4. Si quieres aventura lánzate a la lectura. 5. Cada libro encierra un tesoro. Encuéntralo... 6. Para tu cabeza, lo mejor es ir a la biblioteca. 7. Si en el cole aprendes a leer, en la biblioteca sabrás qué hacer. 8. Si mundos maravillosos quieres conocer, coge un libro y ponte a leer.

Finalistas Certame Literario

O alumnado do centro poderá elixir unha obra gañadora entre as finalistas, o fará mediante o seu voto, para o que deberá facer un comentario na obra que desexe que gañe identificándose de forma correcta (ou nome e apelidos ou nome e curso, para verificar que é un voto procedente do alumnado). O día 20 de xuño farase o reconto dos votos emitidos. FINALISTAS: Relato: Las increíbles aventuras del gato man   Destinos diferentes, autor/a Pelirroja   O misterio da casa de enfrente autor/a A.P. Queen

Primeiro día de escola