Saltar ao contido principal

Benvidos ao curso 2025/2026!

Unha nova páxina por escribir na nosa biblioteca

Comeza un novo curso, e con el, unha infinidade de historias por descubrir, ideas por compartir e soños por construír entre os andeis da nosa biblioteca. O curso 2025/2026 abre as súas portas e queremos conseguir que durante este curso académico, a biblioteca convértase nese recuncho onde a curiosidade espértase, a imaxinación expándese e a aprendizaxe gózase.

Durante este ano escolar, a nosa biblioteca será máis que un lugar de reforzo escolar ou de consulata: será un espazo vivo, cheo de encontros, proxectos e experiencias compartidas. Haberá novidades literarias, actividades de polos creativos, recuncho de radio e moitas sorpresas máis pensadas para todos os niveis e gustos lectores.

     

O noso obxectivo será que cada alumno/a, docente e familia senta a biblioteca como súa. Un lugar onde perderse entre libros… e atoparse con novas formas de pensar. Porque ler non só ensínanos, tamén nos conecta, emociónanos e convídanos a mirar o mundo con outros ollos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVA BIBLIO!!!!!!

ESTAMOS EN OBRAS NA BIBLIO!!!!!!!!! Ademais, estamos incluíndo un espazo de POLOS CREA TIVOS!!  

Concurso Samaín 2025

  BASES DO CONCURSO CREATIVO SAMAíN 2025   Estimadas familias: Este ano propoñémosvos un concurso creativo para celebrar a festividade de Samaín. Trátase dunha actividade que elaboraredes na casa axudando e colaborando cos vosos fillos/as de Educación Infantil e Primaria. En que consiste? Cada alumno/a fará ou decorará un gorro de bruxa, utilizando a técnica que máis lle guste ou calquera material que inspire a súa creatividade. Pode ser completamente propio ou axudarnos dunha base xa mercada. Decorádeos ben bonitiños e non esquezades poñerlle unhas palabras terroríficas en galego para que as bruxas poidan facer o seu conxuro con elas. Unha vez rematados, poderédelos entregar directamente a cada titor/a etiquetado co nome e curso de cada alumno/a. Tedes ata o luns 20 de outubro para facernos chegar o voso gorro, senón as bruxas pasarán polo noso centro e non queremos que nos boten unha das súas apócemas ou maldicións... Todas esas obras de arte serán exposta...

Que son os Libros para Nós...

"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera olvidado, un alma que perdona, destruído, un corazón que llora" (Proverbio hindú) Concordades co proverbio ?