Saltar ao contido principal

CHARLA CON MARCOS CALVEIRO

Onte, tivemos o pracer de recibir a visita de Marcos S. Calveiro, escritor galego galardoado con premios tan importantes coma o Lazarillo ou o Merlín. 
O autor explicou diferentes cuestións relativas á súa obra e ao proceso de creación literaria. Ademais, contestou á morea de preguntas que lle foron formuladas polo alumnado de Educación Secundaria. Fíxonos pasar máis dunha hora desfrutando e aprendendo das súas interesantes experiencias e antes de marchar asinou varios exemplares dalgunhas das súas obras para a biblioteca do noso centro.


Podedes atopar máis información sobre o autor premendo nos seguintes enlaces: 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.

Entrega Premios II Certame Literario

...E por fin chegou o día!!! A entrega de premios do II Certame Literario!! Comezamos polos máis pequenos/as, que fixeron uns marcapáxinas moi bonitos!!! Logo o alumnado de 2º de Infantil!! E o de 3º de Infantil!!!! E por último pero non menos importante!! A entrega de premios do alumnado de Primaria e Secundaria! Parabéns a todos e todas!!!!!!