Saltar ao contido principal

Volta ao pasado por un meteorito


Esta historia comeza no ano 2100. Posiblemente estaredes a pensar que tratará sobre novas tecnoloxías do futuro, ou sobre os descubrimento de novos planetas habitados, pero a medida que vaiades lendo decatarédesvos de que non é así.  

Pois ben, ata o ano 2100 a vida na Terra tornárase moi cómoda e fácil para todos xa que grazas á invención do prestixioso científico Albert Ruthbert os robots  facilitaran a vida dos humáns, xa que con eles  só tiñan que ir a traballar,mentres os robots facían as tarefas da casa e levaban aos fillos e fillas da familia (se os tiñan) ao colexio. A chegada da Internet a todas as persoas incluíndo as que vivisen nos pobos mais afastados e pequenos, fixo que comprar comida,roupa,vehículos… fose moito máis doado .Pero todo isto ía cambiar nuns meses...

O 14 de Abril de  2100 Albert Ruthbert informou aos medios de comunicación de que arredor do 14 de Outubro de 2100 entraría na atmosfera un meteorito do que aínda non tiña moitos datos. A nova non asustou nun primeiro momento porque a poboación mundial tiña a esperanza de que coas avanzadas tecnoloxías poderían destrozar o meteorito antes de que chegara a alcanzar a Terra, pero o 29 de agosto dese mesmo ano, cando Albert logrou coñecer máis datos sobre o meteorito, descubriu que tiña o tamaño de Mercurio,pesaba  como a metade ta Terra e ía a unha velocidade impresionante. No intre no que os habitantes da Terra descubriron isto  asustáronse pero os gobernos de todos os países conseguiron tranquilizalos ao dicirlles que tiñan o armamento necesario para destruír o meteorito.

Durante os meses seguintes os dirixentes dos diferentes gobernos estiveron traballando para crear unha arma que realmente puidera destruír o xigantesco meteorito,pero nin tan sequera  xuntando aos mellores científicos  da Terra cuxos nomes eran: Ryther Evans,Yvuyo Hanikiru, Paul Browsky (e por suposto o mellor de todos, Albert Ruthbert) acadaron en tan pouco tempo a arma que salvaría a Terra. O que si lograron foi elaborar unha arma que axudaría a paliar a súa potencia destrutiva.

Cando chegou o mes de Outubro,todo o mundo estaba moi nervioso e asustado, sobre todo ao descubrir  que os gobernos  lles mentiran e que por culpa deles ían morrer.

O día no que o meteorito chegou sucedeu algo que ainda ninguén vivira. No intre no que o meteorito entrou en contacto coa atmosfera este dividiuse en sete anacos, cada un dos cales foi a distintos puntod de todos os continentes. O primeiro anaco caeu en América do Norte, o segundo, en América central ; o terceiro, en América do Sur; o cuarto, en Europa; o quinto, en Asia; o sexto, en África e o séptimo en Oceanía. E cada un destes, aínda que pareza mentira, so provocaron que o mundo tal e como o coñecían regresara ao pasado, aínda que dito así non pareza moi escandaloso, para a sociedade do 2100 era un desastre.
Os primeiros días todos (excepto a xente de idade avanzada) pasaron sen comer, pero despois duns meses e coa axuda dos anciáns comezaron a traballar as terras e coidar animais. Aínda que vos pareza contraditorio que diga que despois dun meteorito sigan vivos os animais e continue habendo flores e sementes destas sí que é posible porque se lestes ben ata aquí, decatarédesvos de que tanto no Ártico como na Antártida non caeu ningún meteorito e moita xente levara aos seus animais para eses lugares porque sabían o que acontecería. Esa xente eran os Itunios,unha sociedade moi rica e poderosa,que sempre tiña  coñecemento do que pasaria, por iso nunca acababa perxudicada. Ao final, a sociedade tivo que volver a avanzar dende o ano 1987 ata o 2100, excepto os Itunios xa que eles mantiveron todas as novas tecnoloxías,o que lles permitiu rematar dominando a sociedade enteira, xa que os consideraban uns deuses.


                                      
                                                                                                       

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Hoxe é o Día do Libro!! Para celebralo, toda esta semana realizaremos no cole actividades relacionadas coa obra de Miguel de Cervantes, "Don Quijote".
Acordádesvos da batalla contra un rabaño de ovellas que Don Quijote confundiu con soldados?










LA PETITE EMMA

Emma allume son ordinateur. Elle entre dans son e-mail et elle voit qu’elle n’a pas de notifications. Après, elle ouvrela chemise où elle a tout la musique. Emma cherche une chanson  amusante et elle se met danser comme une folle devant du miroir. Toujours elle est aimé fait ça, et depuis sa mère travaille tout le jour, s’aime plus. Avec la musique, Emma n’écoute pas quand son frère Mateo entre dans la chambre d’Emma. Très étonnée, Emma enlève la musique dans l’ordinateur. Son frère rigole, et ça fait qu’elle se met en colère. -Quand tu es entré? -Juste avant tu m’as vu. – réponds Mateo. -Est mauvaise éducation passer sans frapper avant a la porte. –réponds de mauvaise humeur la jeune. -Pardon, Emma. Et depuis quand tu danse devant du miroir ? - Mais, qu’est-ce que ça peut te faire ! –dis Emma rougis. - Je vais dire maman que tu parles grossièrement à ton frère, pour savoir sa opinion sur ça. - Non ! Mateo, ça non ! – elle crie avec peine. -Salut petits. Je suis déjà dans la maison. Qu’est-c…

CENICIENTA