Saltar ao contido principal

ELABORACIÓN DE CONTOS CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Foron moitas e moi variadas as actividades que se levaron a cabo na nosa escola para conmemorar unha data tan importante coma a do Día das Letras Galegas. Un dos proxectos que máis entusiasmou aos alumnos e alumnas do centro foi a creación de dúas historias escritas na nosa lingua, porque dun xeito ou doutro, cada escolar aportou ideas para construír os contos.

En primeiro lugar, os rapaces e rapazas de 1º de Educación Primaria montaron un crebacabezas coa imaxe de Xosé María Díaz Castro (autor homenaxeado neste 2014) para poder decidir os personaxes que figurarían en cada historia. A tarefa non foi precisamente doada! Tiveron que buscar as pezas na aula e na biblioteca pois estaban ben agochadas!







A continuación, os compañeiros e compañeiras de 2º de Educación Primaria puxeron a traballar a imaxinación e despois de moito pensar, outorgáronlles diferentes características físicas aos personaxes. E como era de esperar… déronlles nome!





Os rapaces e rapazas de 3º de Primaria indicaron algunas características persoais para cada personaxe para rematar as descripcións e decidiron os lugares nos que se desenvolverían os dous contos.





O alumnado de 4º de Educación Primaria tamén tivo que espremer moito os miolos, pois a súa tarefa consistiu en crear dúas historias tendo en conta o que en 1º, 2º e 3º xa se decidira.  Así, puxéronse na pel dos escritores e escritoras e redactaron dúas curiosas obras na nosa lingua. As súas dotes de narradores/as quedaron totalmente demostradas!




Os estudantes de 5º de Primaria inventaron a vida dos autores/as de cada conto. Ademais de elaborar a biografía, escribiron unha noticia conectada coa obra e diversas actividades de comprensión e pasatempos: pesquisa de diferenzas, acrósticos, etc.






En 6º de Primaria tamén se traballou. Esta clase contribuiu a este proxecto elaborando encrucillados, adiviñas, xeroglíficos e outras actividades coa temática de cada conto.



En definitiva, cada curso fixo as súas aportacións para poder crear dúas historias con motivo da celebración das Letras Galegas 2014. Esperamos que resulten do voso agrado e que sexades quen de apreciar e valorar o esforzo e adicación do alumnado.


Ah! Non esquezades que moi pronto as colgaremos no noso blog para que todos e todas teñades a posibilidade de ler as devanditas historias dende as vosas casas, así que … permanecede ben atentos!!! 



Comentarios

  1. Parabéns a todos! Trátase dunha actividade moi fermosa coa que seguro que aprenderon unhas cantas cousiñas. Noraboa por esta iniciativa! Agardamos impacientes a que publiquedes eses contiños!

    ResponderEliminar
  2. Noraboa! Sabemos que os rapaces participaron encantados nunha actividade tan bonita coma esta de crear seus propios contos. Está moi ben que se traballe de cara a fomentar algo tan importante como é a lectura e todo o que ten que ver coa literatura e en especial, obras en galego.

    ResponderEliminar
  3. Iniciativas coma esta son as que merecen a pena.

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moitísimo o que fixemos na clase! Quero repetir! Saray E. (2º Primaria)

    ResponderEliminar
  5. Foi moi bonito traballar cos meus compañeiros/as

    ResponderEliminar
  6. Gustoume moito todo o que fixemos en 2º pero tamén me parece moi chulo o que fixeron en 4º porque teñen que ter moita imaxinación. Zaira 2º EP

    ResponderEliminar
  7. Gustounos moito traballar en equipo para facer contos. A nós tocounos describir unha rata, unha vaca e un dragón e decidimos como ían ser para as historias. Sandra e Ainhoa (2º E.P.)

    ResponderEliminar
  8. Foi moi chulo e gustoume moito. Alejandra 2º E.P.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA: FINALISTAS

Xa temos finalistas! Agora tócavos elixir a vós!  Para iso teredes que enviar un comentario indicando o número do lema escollido, o voso nome e o curso (se non ten estos datos non computará como voto) ata o vindeiro xoves 23 de Outubro (inclusive). Animádevos a participar na elección! FINALISTAS 1. Se queres pasar un gran rato, ven ler con Literrato. 2. Pasa un bo rato lendo con Literrato. 3. Aprender y soñar en un mismo lugar. 4. Si quieres aventura lánzate a la lectura. 5. Cada libro encierra un tesoro. Encuéntralo... 6. Para tu cabeza, lo mejor es ir a la biblioteca. 7. Si en el cole aprendes a leer, en la biblioteca sabrás qué hacer. 8. Si mundos maravillosos quieres conocer, coge un libro y ponte a leer.

Finalistas Certame Literario

O alumnado do centro poderá elixir unha obra gañadora entre as finalistas, o fará mediante o seu voto, para o que deberá facer un comentario na obra que desexe que gañe identificándose de forma correcta (ou nome e apelidos ou nome e curso, para verificar que é un voto procedente do alumnado). O día 20 de xuño farase o reconto dos votos emitidos. FINALISTAS: Relato: Las increíbles aventuras del gato man   Destinos diferentes, autor/a Pelirroja   O misterio da casa de enfrente autor/a A.P. Queen

Primeiro día de escola