Saltar ao contido principal

LETRAS GALEGAS 2014

Como sabemos, cada 17 de maio festexamos o Día das Letras Galegas. Foi en 1963 cando se decidiu homenaxear a todas aquelas persoas de grande relevancia pola súa traxectoria adicada á creación literaria en galego ou pola defensa da nosa lingua. A celebración de tan sinalado evento foi proposta por algúns membros da Real Academia Galega que con motivo da conmemoración do centenario de Cantares Gallegos da nosa máis recoñecida autora Rosalía de Castro (obra que marca o inicio do Rexurdimento) consideraron que a Academia debía fixar a data para unha celebración anual. Propúxose o día 17 de maio por ser cando Rosalía de Castro adicou a súa obra á súa amiga Fernán Caballero, sendo a propia Rosalía a primeira homenaxeada. 
Ao longo de todos estes anos de celebracións, son moitos os autores e as autoras aos que se lles ten adicado o Día das Letras Galegas. Así por exemplo, os celanoveses Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro foron homenaxeados en 1967 e 1989 respectivamente. 
Este ano, a figura central das Letras Galegas será Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).
Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Dende Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.
O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos.
Deixámosvos un enlace á súa web monográfica no que podedes consultar máis información de interese sobre o homenaxeado neste 2014: http://www.poetadiazcastro.com/






Comentarios

  1. Encántanos as Letras Galegas porque o galego é un idioma moi bonito e gústanos ler en galego. Andrea e María (2º de Primaria)

    ResponderEliminar
  2. Gústanme as Letras Galegas polas celebracións. Sempre vou bailar a Vilanova. Penso que Xosé María Díaz Castro é un bo poeta porque escribía moi ben. Para a clase aprendín un poema que se titula Esmeralda. Iria A. (2º de Primaria)

    ResponderEliminar
  3. Espero que todos disfrutedes do día das Letras Galegas coma min. Sandra (2º Primaria)

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito o poema de Xosé María Díaz Castro que aprendimos e recitamos na clase. Era bonito. Saray E. de 2º de Primaria.

    ResponderEliminar
  5. Vivan as Letras Galegas! Raúl (2º)

    ResponderEliminar
  6. A min as Letras Galegas me gustan porque aprendo cousas novas. Este ano aprendín de Xosé María que escribiu cousas moi bonitas como Esmeralda, Penélope e máis poesías. Gustaríame escribir tan ben coma el pero eu prefiro escribir máis sobre os animais. Miguel S de 2º de Primaria.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.