Os alumnos e as alumnas de 2º de Educación Primaria traballaron na aula arredor da figura de Xosé María Díaz Castro, homenaxeado no Día das Letras Galegas neste 2014. Aquí deixamos un pequeno vídeo para que vexades ao grupo recitando unha das máis coñecidas poesías do devandito autor titulada Esmeralda.
Ola a todxs! Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro!!! Para celebralo, aquí vos deixamos este fermoso conto! FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
Parabéns! O poema é realmente fermoso e queda moi bonito recitando todo o grupo xunto!
ResponderEliminarAínda que son pequenos recitan moi ben. Gustoume moito escoitar este poema na voz destes cativos.
ResponderEliminarGrandes os cativos e grande a mestra. Parabéns por un fermoso traballo, e gracias Estefanía por todo o que fas polos nosos fillos
ResponderEliminarA poesía gustoume moito porque era moi bonita. Gústame aprender poemas na clase. Saray Esperanza de 2º de Primaria.
ResponderEliminarGustoume moito o que aprendimos na clase sobre Xosé María Díaz Castro e esta poesía é moi bonita. Miguel L. (2º E.P.)
ResponderEliminarGustoume moito todo tanto como recitades como o poema. Alba M.(6º de primaria)
ResponderEliminarGrazas a todos e a todas por recoñecer o traballo e o esforzo do alumnado e por esas agarimosas palabras. É estupendo poder traballar cun grupo de nenas e nenos con tanto interese por aprender e participar nas actividades que se levan a cabo no centro.
ResponderEliminar