Saltar ao contido principal

Look e a habitación misteriosa

 Finalista de relato curto de Primaria do Certame Literario.

Autor: César Álvarez (5º E.P.)

LOOK E A HABITACIÓN MISTERIOSA
Look era un investigador moi popular, resolvía moitos casos e era moi listo; sempre o acompañaba o seu mellor alumno James. Un día chegoulles unha chamada dunha vila cercana. Tratábase doutro caso, o asasinato de Fran. Eles colleron o coche e foron correndo á vila, onde chegaron a un palacio e timbraron. O maiordomo abriu a porta e deulles a benvida ao palacio. Foron arriba e viron a toda a familia chorando desconsoladamente, achegáronse onde estaba o corpo, rexistraron o cuarto e non atoparon nada estraño, e o máis curioso de todo era que non había sangue nin ningunha ferida.
Look e mais James foron polas rúas preguntándolle á xente se houbera algo estraño ultimamente, e un veciño díxolle que na súa tenda ocorreran varios roubos. Eles foron á tenda investigar e encontraron unhas pegadas de zapatos que Look coñecía de algo. Volveron onde estaba o corpo e examinaron a habitación e nada, foron ó xardín, ao piso de enriba, á terraza … e nada.
Look e James marcharon ao seu hotel, durmiron toda a noite, erguéronse ás oito e chegoulles outra chamada, morrera o maiordomo do palacio, polo que Look e James foron correndo; cando chegaron rexistraron o cuarto e non encontraron nada, outra vez o corpo non tiña nin sangue nin feridas. Pero esta vez atoparon algo moi curioso, unha operación moi difícil e ao lado unha máquina con números. James dixo que ao mellor tiñan que pór o resultado da conta. Look e mais James volveron ao hotel; mentres Look intentaba resolver a conta, James pensaba no caso. Volveulles chegar unha chamada, esta vez morrera o señor da tenda. Foron correndo e acontecera o mesmo, non había nada e o corpo non tiña feridas, pero ao lado do corpo había un número, o 255. Look dixo de súpeto:
 -Claro, esta é a resposta. Acudiron ao palacio e meteron o número nunha caixiña que tiña teclas con números, a clave era correcta, e entraron nunha habitación que estaba pechada por unha porta de metal, tiña un cadeado, podíase abrir cunha chave moi pequena. Examinaron a habitación e encontraron a chave. Esta era a mansión abandoada da vila, entraron e viron que tiña moitos pisos, subiron de un en un sen pausa pero sen presa, e no derradeiro piso había un cuarto moi pequeno onde entraron. Alí atoparon unha nena que lles dixo:
 -Axudádeme, por favor. Entón, de súpeto, unha persoa moi estraña cunha nave colleu á nena, pero Look abalanzouse e salvouna. O señor misterioso foi correndo coa nave. A nena dixo: “grazas”, e deulle unha chave, coa que foron correndo ao palacio e abriron a porta. Cando a abriron viron unhas engrenaxes de ouro e a foto do alcalde e a da súa muller; de súpeto Look soubo quen era o señor misterioso, era o Doutor Paolo. Era moi malo e só sabía facer o mal. Mentres tanto seguiron investigando e foron ata onde estaban os corpos de Fran e o maiordomo do palacio e James dixo:
 -Mira Look, ten un parafuso; Look desenroscouno e o parafuso tiña unha  engrenaxe.
 –Claro-, dixo Look, -son robots-. Puxéronlles as engrenaxes aos corpos e estes volveron á vida, James dixo:
 -Outro caso resolto.
Look e mais James voltaron á súa casa.                                                            
    R.C CELTA

Comentarios

  1. Un final moi orixinal. Moi ben, César!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. cesar a min gustoume moito alba 5º de primaria nº 8

      Eliminar
  2. gustoume moito por eso voto por cesar pero guiouse un pouco polo libro da chave da atlántida

    ResponderEliminar
  3. Espero que gañes, meu amigo! Moita sorte! Tes unha imaxinación impresionante!

    ResponderEliminar
  4. Miña naiciña! Deixáchesme abraiado! Un final espectacular. Deséxoche moitísima sorte tamén e anímote a que sigas escribindo cousas tan imaxinativas como esta. Moi ben, César! :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Hoxe é o Día do Libro!! Para celebralo, toda esta semana realizaremos no cole actividades relacionadas coa obra de Miguel de Cervantes, "Don Quijote".
Acordádesvos da batalla contra un rabaño de ovellas que Don Quijote confundiu con soldados?










LA PETITE EMMA

Emma allume son ordinateur. Elle entre dans son e-mail et elle voit qu’elle n’a pas de notifications. Après, elle ouvrela chemise où elle a tout la musique. Emma cherche une chanson  amusante et elle se met danser comme une folle devant du miroir. Toujours elle est aimé fait ça, et depuis sa mère travaille tout le jour, s’aime plus. Avec la musique, Emma n’écoute pas quand son frère Mateo entre dans la chambre d’Emma. Très étonnée, Emma enlève la musique dans l’ordinateur. Son frère rigole, et ça fait qu’elle se met en colère. -Quand tu es entré? -Juste avant tu m’as vu. – réponds Mateo. -Est mauvaise éducation passer sans frapper avant a la porte. –réponds de mauvaise humeur la jeune. -Pardon, Emma. Et depuis quand tu danse devant du miroir ? - Mais, qu’est-ce que ça peut te faire ! –dis Emma rougis. - Je vais dire maman que tu parles grossièrement à ton frère, pour savoir sa opinion sur ça. - Non ! Mateo, ça non ! – elle crie avec peine. -Salut petits. Je suis déjà dans la maison. Qu’est-c…

CENICIENTA