Segundo premio de relato de Primaria do Certame Literario.
Autoras: Alba Míguez y Andrea Veloso (5º E.P.)
Autoras: Alba Míguez y Andrea Veloso (5º E.P.)
O misterio do bosque
Había unha vez uns nenos que ían ao bosque a buscar
leña. Camiñaban tranquilamente cando tropezaron cun patinete tirado no medio do
camiño. Decatáronse que era un patinete de neno polo alcume que escribiran nel.
Os nenos asustáronse porque oíron un ruído que viña do patinete, colleron a
cesta do patinete e viron que era un teléfono móbil. Colleron o teléfono e
contestaron a chamada. De súpeto escoitaron un xemido escalofriante. Correron
ata o xemido e viron un neno tirado no chan chorando desconsolado.
Acercáronse a el e preguntáronlle:
-Que che sucede?
-Eu caín porque vin unha sombra negra
-Veña levanta e dinos onde foi.
Foi correndo montaña arriba cun coche que era de cor negro igual ca el.
Os nenos dirixíronse montaña arriba. De súpeto apareceu diante deles unha anciá
e díxolles:
-Que facedes por aquí? Non sabedes que é perigoso.
-Non o sabíamos e vostede que fai aquí?
A anciá púxose moi seria e díxolles:
-Marchade, antes de que vos suceda algo malo.-e os nenos preguntáronlle:
-Que nos vai pasar nas montañas tan ao leste de Galicia?
-Pois vós non me fagades caso, xa
veredes as consecuencias
-Que consecuencias?
-Non vistes unha sombra negra?-dixo a vella
-Si, por que o dis?
Porque a sombra é perigosa.
-E por que?- dixeron os nenos asustados á vella
-Porque aquela sombra matou ao meu fillo- dixo a vella
-E logo ti viches como matou ao teu fillo? – dixo un dos dous nenos
asustado
-Non, pero cando eu fun a mercar ao mercado tardei uns cinco minutos e el
antes de morrer díxome rápido que foi a sombra negra o que o matou e tamén que
tiveran coidado todos os nenos, principalmente os máis pequenos coa sombra
negra porque comía aos humáns pero gustábanlle máis os nenos de entre cinco e
dez anos.
E os nenos contestáronlle:
-Tes razón, é mellor ter coidado, porque como nola atopemos podemos morrer
coma teu fillo.
-Por fin me facedes caso mocosos- dixo a vella
-Non nos chames mocosos que xa temos dez anos –dixeron os dous rapaces a
coro
-Si home, eu teño oitenta e dous anos e vós tedes dez aniños, eu polo menos
vexo a diferenza, e ademais non me tedes que dicir o que teño que facer nin
corrixirme, eu sei máis ca vós rapaces.
-Iso xa o sabemos pero ofendeunos que nos chamaras mocosos perdóenos pero
estamos un pouco nerviosos de máis -. Dixeron os nenos.
Cando chegou a noite os nenos pensaron en pasar a noite no bosque, despois
de varias horas os nenos descubriron
unha cabana no medio do bosque, estaban moi alegres porque viran unha luz que
saía da cabana. Os nenos entraron porque a porta da cabana estaba aberta e de
súpeto viron a sombra negra pasar por diante deles e dixéronlle:
Por favor pare, que lle queremos
facer unhas cantas preguntas.-dixéronlle os dous nenos
Vale pero só dúas preguntas.-díxolle
un home forte, alto e cunha gran barba
1º pregunta: Vostede asustou a nosa amiga?
1º resposta: si pero eu non a quería asustar pero asusteina
2º pregunta: por que unha vella dixo
que nos ía comer e non nos comeu?
2º resposta: porque esa vella é a miña nai e xa non sabe nin o que di
Perdón, desculpe que entraramos na súa cabana desa maneira – responderon os
nenos
Non pasa nada. Queredes que vos leve á
vosa casa?-díxolle o home aos rapaces
Si- responderon os nenos a coro
E así acabou a historia.
gustoume moito e creo que e o mellor e debe gañar
ResponderEliminarE un conto bonito misterioso tanto como dicia o titulo voto porque me gustou.
ResponderEliminarPAULA GOSENDE GARCIA 5 CURSO
gustoume moito e moi divertido alba miguez rodriguez 5º de primaria nº 8
ResponderEliminarte voto. César 5 primaria
ResponderEliminarFoi un conto moi especial porque ten moito misterio como indica o seu propio nome.
ResponderEliminarGabriel.Méndez.Arias.5º de primaria.