Saltar ao contido principal

O misterio do bosque

Segundo premio de relato de Primaria do Certame Literario.
Autoras: Alba  Míguez y Andrea Veloso (5º E.P.)

O misterio do bosque
Había unha vez uns nenos que ían ao bosque a buscar leña. Camiñaban tranquilamente cando tropezaron cun patinete tirado no medio do camiño. Decatáronse que era un patinete de neno polo alcume que escribiran nel.
Os nenos asustáronse porque oíron un ruído que viña do patinete, colleron a cesta do patinete e viron que era un teléfono móbil. Colleron o teléfono e contestaron a chamada. De súpeto escoitaron un xemido escalofriante. Correron ata o xemido e viron un neno tirado no chan chorando desconsolado.
Acercáronse a el e preguntáronlle:
-Que che sucede?
-Eu caín porque vin unha sombra negra
-Veña levanta e dinos onde foi.
Foi correndo montaña arriba cun coche que era de cor negro igual ca el.
Os nenos dirixíronse montaña arriba. De súpeto apareceu diante deles unha anciá e díxolles:
-Que facedes por aquí? Non sabedes que é perigoso.
-Non o sabíamos e vostede que fai aquí?
A anciá púxose moi seria e díxolles:
-Marchade, antes de que vos suceda algo malo.-e os nenos preguntáronlle:
-Que nos vai pasar nas montañas tan ao leste de Galicia?
-Pois vós non me fagades caso,  xa veredes as consecuencias
 -Que consecuencias?
-Non vistes unha sombra negra?-dixo a vella
-Si, por que o dis?
Porque a sombra é perigosa.
-E por que?- dixeron os nenos asustados á vella
-Porque aquela sombra matou ao meu fillo- dixo a vella
-E logo ti viches como matou ao teu fillo? – dixo un dos dous nenos asustado
-Non, pero cando eu fun a mercar ao mercado tardei uns cinco minutos e el antes de morrer díxome rápido que foi a sombra negra o que o matou e tamén que tiveran coidado todos os nenos, principalmente os máis pequenos coa sombra negra porque comía aos humáns pero gustábanlle máis os nenos de entre cinco e dez anos.
E os nenos contestáronlle:
-Tes razón, é mellor ter coidado, porque como nola atopemos podemos morrer coma teu fillo.
-Por fin me facedes caso mocosos- dixo a vella
-Non nos chames mocosos que xa temos dez anos –dixeron os dous rapaces a coro
-Si home, eu teño oitenta e dous anos e vós tedes dez aniños, eu polo menos vexo a diferenza, e ademais non me tedes que dicir o que teño que facer nin corrixirme, eu sei máis ca vós rapaces.
-Iso xa o sabemos pero ofendeunos que nos chamaras mocosos perdóenos pero estamos un pouco nerviosos de máis -. Dixeron os nenos.
Cando chegou a noite os nenos pensaron en pasar a noite no bosque, despois de varias horas os nenos  descubriron unha cabana no medio do bosque, estaban moi alegres porque viran unha luz que saía da cabana. Os nenos entraron porque a porta da cabana estaba aberta e de súpeto viron a sombra negra pasar por diante deles e dixéronlle:
Por favor pare,  que lle queremos facer unhas cantas preguntas.-dixéronlle os dous nenos
Vale pero só  dúas preguntas.-díxolle un home forte, alto e cunha gran barba
1º pregunta: Vostede asustou a nosa amiga?
1º resposta: si pero eu non a quería asustar pero asusteina
2º pregunta: por que unha vella dixo  que nos ía comer e non nos comeu?
2º resposta: porque esa vella é a miña nai e xa non sabe nin o que di
Perdón, desculpe que entraramos na súa cabana desa maneira – responderon os nenos
Non pasa nada. Queredes que vos leve á  vosa casa?-díxolle o home aos rapaces
Si- responderon os nenos a coro

E así acabou a historia.

Comentarios

  1. gustoume moito e creo que e o mellor e debe gañar

    ResponderEliminar
  2. E un conto bonito misterioso tanto como dicia o titulo voto porque me gustou.
    PAULA GOSENDE GARCIA 5 CURSO

    ResponderEliminar
  3. gustoume moito e moi divertido alba miguez rodriguez 5º de primaria nº 8

    ResponderEliminar
  4. te voto. César 5 primaria

    ResponderEliminar
  5. Foi un conto moi especial porque ten moito misterio como indica o seu propio nome.
    Gabriel.Méndez.Arias.5º de primaria.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.

Entrega Premios II Certame Literario

...E por fin chegou o día!!! A entrega de premios do II Certame Literario!! Comezamos polos máis pequenos/as, que fixeron uns marcapáxinas moi bonitos!!! Logo o alumnado de 2º de Infantil!! E o de 3º de Infantil!!!! E por último pero non menos importante!! A entrega de premios do alumnado de Primaria e Secundaria! Parabéns a todos e todas!!!!!!