Finalista de relato curto de Primaria do Certame Literario.
Autor: César Álvarez (5º E.P.)
LOOK
E A HABITACIÓN
MISTERIOSA
Look era un investigador moi popular, resolvía moitos casos
e era moi listo; sempre o acompañaba o seu mellor alumno James. Un día chegoulles
unha chamada dunha vila cercana. Tratábase doutro caso, o asasinato de Fran.
Eles colleron o coche e foron correndo á vila, onde chegaron a un palacio e
timbraron. O maiordomo abriu a porta e deulles a benvida ao palacio. Foron
arriba e viron a toda a familia chorando desconsoladamente, achegáronse onde
estaba o corpo, rexistraron o cuarto e non atoparon nada estraño, e o máis
curioso de todo era que non había sangue nin ningunha ferida.
Look e mais James foron polas rúas preguntándolle á xente
se houbera algo estraño ultimamente, e un veciño díxolle que na súa tenda ocorreran
varios roubos. Eles foron á tenda investigar e encontraron unhas pegadas de
zapatos que Look coñecía de algo. Volveron onde estaba o corpo e examinaron a
habitación e nada, foron ó xardín, ao piso de enriba, á terraza … e nada.
Look e James
marcharon ao seu hotel, durmiron toda a noite, erguéronse ás oito e chegoulles
outra chamada, morrera o maiordomo do palacio, polo que Look e James foron
correndo; cando chegaron rexistraron o cuarto e non encontraron nada, outra vez
o corpo non tiña nin sangue nin feridas. Pero esta vez atoparon algo moi
curioso, unha operación moi difícil e ao lado unha máquina con números. James
dixo que ao mellor tiñan que pór o resultado da conta. Look e mais James
volveron ao hotel; mentres Look intentaba resolver a conta, James pensaba no
caso. Volveulles chegar unha chamada, esta vez morrera o señor da tenda. Foron
correndo e acontecera o mesmo, non había nada e o corpo non tiña feridas, pero
ao lado do corpo había un número, o 255. Look dixo de súpeto:
-Claro, esta é a
resposta. Acudiron ao palacio e meteron o número nunha caixiña que tiña teclas
con números, a clave era correcta, e entraron nunha habitación que estaba
pechada por unha porta de metal, tiña un cadeado, podíase abrir cunha chave moi
pequena. Examinaron a habitación e encontraron a chave. Esta era a mansión
abandoada da vila, entraron e viron que tiña moitos pisos, subiron de un en un
sen pausa pero sen presa, e no derradeiro piso había un cuarto moi pequeno onde
entraron. Alí atoparon unha nena que lles dixo:
-Axudádeme, por favor. Entón,
de súpeto, unha persoa moi estraña cunha nave colleu á nena, pero Look abalanzouse
e salvouna. O señor misterioso foi correndo coa nave. A nena dixo: “grazas”, e
deulle unha chave, coa que foron correndo ao palacio e abriron a porta. Cando a
abriron viron unhas engrenaxes de ouro e a foto do alcalde e a da súa muller;
de súpeto Look soubo quen era o señor misterioso, era o Doutor Paolo. Era moi
malo e só sabía facer o mal. Mentres tanto seguiron investigando e foron ata
onde estaban os corpos de Fran e o maiordomo do palacio e James dixo:
-Mira
Look, ten un parafuso; Look desenroscouno e o parafuso tiña unha engrenaxe.
–Claro-, dixo Look, -son robots-.
Puxéronlles as engrenaxes aos corpos e estes volveron á vida, James dixo:
-Outro
caso resolto.
Look e mais James voltaron á súa casa.
R.C CELTA
R.C CELTA
Un final moi orixinal. Moi ben, César!
ResponderEliminarcesar a min gustoume moito alba 5º de primaria nº 8
Eliminargustoume moito por eso voto por cesar pero guiouse un pouco polo libro da chave da atlántida
ResponderEliminarEspero que gañes, meu amigo! Moita sorte! Tes unha imaxinación impresionante!
ResponderEliminarMiña naiciña! Deixáchesme abraiado! Un final espectacular. Deséxoche moitísima sorte tamén e anímote a que sigas escribindo cousas tan imaxinativas como esta. Moi ben, César! :)
ResponderEliminarMe requetegusta :P
ResponderEliminar