Saltar ao contido principal

O estraño do tren

     Primeiro premio de relato de Primaria do Certame Literario.

Autora: María Vega (6º E.P.)

 Somos tres amigas que fomos a Berlín para visitar a uns amigos que viven alí e decidimos que para ir coñecendo novos lugares, iamos facer esta viaxe en tren. Pareceunos que sería máis divertido así que agora contareivos o que nos aconteceu.

   Acababamos de abandoar a estación de Madrid camiño de Berlín no tren Miminston. Estabamos a punto de cear no vagón restaurante cando apareceu un “tipexo” moi estraño, quedamos un pouco sorprendidas, xa que a súa forma de vestir era moi rara: levaba un abrigo de pelexo, e iso que a viaxe transcorría en xuño, e facía un tempo estupendo. Cando chegamos ao noso compartimento, Betti empezou a falar sobre a forma de vestir do home e da forma tan rara na que se comportaba.

   Á mañá seguinte, á hora do almorzo, o home seguíase comportando de maneira estraña e ademais parecía que levaba a mesma roupa. A situación fíxonos rir pero non lle demos máis importancia. Nese mesmo intre paramos en París; o resto dos pasaxeiros alteráronse algo xa que a parada foi un pouco brusca. A maioría marcharon a toda présa para os seus compartimentos, así como tamén o noso estraño personaxe; cando o volvemos  ver levaba outra roupa pero igual de ridícula cá anterior.

   Oímos por megafonía que dispúñamos dunha hora para dar unha volta pola cidade, logo seguiriamos a viaxe e os que chegaran ó seu destino xa podían abandoar o tren.

   Cando voltamos ó tren decatámonos de que o home viña cargado de bolsas, pero xa non nos estrañaba. Seguimos a nosa viaxe ata Roma; durante a noite escoitamos ruídos descoñecidos pero como non duraron moito tempo non nos preocupamos demasiado. Ao día seguinte durante o almorzo informáronnos de que estabamos chegando a Roma e que despois de comer teriamos unha hora para dar outra volta coma en París e así o fixemos, os pasaxeiros que quedaban en Roma tamén baixaron canda nós. Voltamos ó tren e quedamos toda a tarde no noso compartimento falando do home misterioso.

   Á hora da cea ía vestido de forma máis normal; quedamos algo sorprendidas e decepcionadas. Ó acabar de cear saíu a toda présa para o seu compartimento. Nós tamén regresamos ao noso e esa noite, outra vez, escoitamos ruídos inesperados que cesaron ó cabo dun anaco, de todas maneiras isto preocupounos un pouco, pero tranquilizábanos pensar que ó día seguinte chegaríamos ó noso destino.

   Cando acabamos de almorzar informáronnos por megafonía que estabamos chegando a Berlín, rapidamente fomos recoller as nosas cousas e preparámonos para baixar do tren.

   Os nosos amigos estaban esperándonos e vimos que o “tipexo” nos seguía, saudáronos moi efusivamente e inmediatamente fixeron o mesmo con el. Nós sorprendémonos moito e miramos cara nosos amigos con estrañeza, eles botáronse a rir e preguntáronnos se non o recoñecíamos. Nós dixémoslles que o viramos no tren, pero eles referíanse a que era unha persoa moi famosa: era o prestixioso deseñador Louis Pierre. Efectivamente ó mirar cara a el recoñecemos ó deseñador máis extravagante do mundo da moda, por iso lucía eses modelos que tanta gracia nos fixeran.

   O que aínda non nos explicabamos eran os ruídos tan raros que saían do seu compartimento, pero ao volvernos vimos sobre o chan unha especie de caixón para transportar cans e ao oír uns ladridos bastante irritantes, decatámonos de que ese era o son que escoitabamos polas noites.

   Pero o mellor estaba por acontecer, cando abriu o caixón, saíu un singular animal vestido igual que o dono (non podiamos apartar a vista daquelo e custounos moito non tirarnos polo chan do ataque de risa que nos entrou).


   A partir dese intre diremos que pasamos bos momentos cos nosos amigos e fixemos unha nova amizade bastante estraña, pero moi divertida. Nunca esqueceremos esta viaxe.




Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.

Entrega Premios II Certame Literario

...E por fin chegou o día!!! A entrega de premios do II Certame Literario!! Comezamos polos máis pequenos/as, que fixeron uns marcapáxinas moi bonitos!!! Logo o alumnado de 2º de Infantil!! E o de 3º de Infantil!!!! E por último pero non menos importante!! A entrega de premios do alumnado de Primaria e Secundaria! Parabéns a todos e todas!!!!!!