Saltar ao contido principal

SUXERENCIAS LITERARIAS


A educación en igualdade é un dos obxectivos fundamentais na escolarización, a pesar dos esforzos feitos neste senso para acadala aínda perduran moitos estereotipos nos nenos e nas nenas. Por mor da celebración do Día da Muller Traballadora, imos facer unhas recomendacións de libros que tentan combater os estereotipos sexistas a través de personaxes que escapan dos roles tradicionais. Con algúns destes libros tamén se traballará nas aulas.

1º E 2º DE E.P.
Mi primer libro sobre ellas. Marta Rivera de la Cruz. Ilustracións de Cecilia Varela. Anaya.
A autora achega, mediante as páxinas deste libro, a sete mulleres que, en épocas nas que non tiñan dereito a case nada, foron quen de loitar polos seus sonos e chegaron a cambiar a historia. Mulleres como Clara Campoamor, María Moliner ou a escritora galega Rosalía de Castro entre outras.


Luna y el vestido de Max. Thierry Lenain. Ilustracións de Delphine Durand. Edelvives.
Thierry Lenain narra unha historia na que unha rapaza chamada Luna quere un balón de fútbol, pero seu amigo Max insiste en que merque un vestidiño de volantes e lazos, un vestido “de nena”. O problema é que Luna non quere verse vestida así e prefire o balón.



Caperucita Roja, Verde, Amarilla, Azul y Blanca. Bruno Munari y Enrica Agostinelli. Anaya.
Unha vez, o lobo comeu a Carapuchiña Vermella, pero noutra ocasión...quedou coas ganas! Igual que lle aconteceu aos lobos que persiguen a Carapuchiña Verde e Carapuchiña Amarela ou ao lobo marino de Carapuchiña Azul. Os lobos non son quen de facer dano ás nenas espabiladas e intelixentes.


Arturo y Clementina. Adela Turín, Nella Bosnia Pontevedra, Kalandraka, 2012
 Esta fábula reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación porque aínda se precisan obras sobre coeducación e igualdade.



3º E 4º DE E.P.

Billy y el vestido rosa. Anne Fine. Alfaguara Intantil.
Un día, a nai de Billy entra no seu cuarto, mándalle poñer un vestido e mándao á escola. Alí, ocórrenlle cousas sorprendentes. De súpeto, cae na conta de que as cousas cambiaron dende que leva o vestidiño rosa. Billy nunca imaxinara o trato tan diferente que a meirande parte da xente dá as nenas polo mero feito de selo. Este libro recibiu o Premio Smarties e o Premio Nottinghamshire.


Hipátia, la maestra. Florenci Salesas Pla. El Rompecabezas.
Partindo Xogar cos números era a diversión favorita da pequena Hipatia de Alejandría. "As matemáticas non minten!", dicía e por eso chegou a ser a profesora e científica máis grande do seu tempo.


5º E 6º DE E.P.

Rosa Parks. La lucha contra el racismo. Paola Capriolo. Vicens Vives.
Partindo dunha documentación minuciosa, a escritora Paola Capriolo relata a conmovedora vida de Rosa Parks, unha das figuras máis representativas na loita polos dereitos civís. Completa o relato cunha vibrante historia dos afroamericanos que abrangue dende o momento no que os europeos comezaron a levar escravos a América ata que Barack Obama foi elixido presidente dos Estados Unidos.




Clara Campoamor. La sufragista. Víctor Villardel Balasch. El Rompecabezas.
Na época na que Clara Campoamor naceu, as mulleres non tiñan nin voz nin voto. Pero para Clara, aquela tomadura de pelo tiña os días contados polo que non parou ata que todas as avoas, nais e tías de España conquistaron a súa propia voz.



Comentarios

  1. Grazas por esta selección de suxerencias. A verdade é que queda moito por facer pola igualdade e as lecturas poden ser de moita axuda para pensar.

    ResponderEliminar
  2. Está bien para nosotros los padres tener unas referencias así que gracias por las recomendaciones.

    ResponderEliminar
  3. Magníficas sugerencias.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.