Saltar ao contido principal

LECTURA COLECTIVA POLO DÍA DA MULLER


Esta semana, o alumnado de 1º de E.P. acudiu á biblioteca do centro para comezar a traballar con algunhas lecturas nas que se tratan conceptos fundamentais como son a igualdade ou a coeducación.
O pasado domingo, 8 de marzo, celebrouse o Día da Muller Traballadora, polo que esta semana, escollimos Mi primer libro sobre ellas da escritora Marta Rivera de la Cruz para facer unha lectura colectiva como punto de partida á sesión. Mediante as páxinas deste libro, a autora achega a sete mulleres que, en épocas nas que non tiñan dereito a case nada, foron quen de loitar por aquelo que querían e chegaron a cambiar a historia. Mulleres como Clara Campoamor, María Moliner ou a escritora galega Rosalía de Castro entre outras.

Podedes atopar máis información sobre Mi primer libro sobre ellas e outras publicacións semellantes premendo no seguinte enlace: Suxerencias literarias

Comentarios

  1. Gracias, Estefania porque da gusto ver como alguien se involucra con nuestros hijos e intenta enseñarles nuevas cosas y a mirar desde otras perspectivas

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por tan amables palabras.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.

Entrega Premios II Certame Literario

...E por fin chegou o día!!! A entrega de premios do II Certame Literario!! Comezamos polos máis pequenos/as, que fixeron uns marcapáxinas moi bonitos!!! Logo o alumnado de 2º de Infantil!! E o de 3º de Infantil!!!! E por último pero non menos importante!! A entrega de premios do alumnado de Primaria e Secundaria! Parabéns a todos e todas!!!!!!