Saltar ao contido principal

PREMIOS SAN ROSENDO 2015

Onte, 1 de marzo, celebrouse o día de San Rosendo, patrón da nosa vila. Por mor da festividade, organizouse un certame artístico no que participaron distintos centros educativos e no que algúns grupos do noso cole foron premiados con cartos para invertir en material escolar.

O 1º premio na categoría de Debuxo foi para o grupo de 1º de Primaria formado por Jacobo Rodríguez Arias, Adrián Fernández Nieto, Estela Vázquez Dapía, Carlota Vázquez Regal, Thalía Mera Marquina e Álex Graña Feijóo.

Jacobo, Adrián, Carlota, Thalía e Álex recollen o premio pola súa composición.


O 2º premio na categoría de Poesía foi para o grupo de 4º de Primaria composto por Paula Azpilcueta Da Costa, Linda Mosquera Cogollo, Sabela Reza López, Érika Miranda Vázquez, Paula Feijóo Rodríguez e Nerea Feijóo Fernández.

Paula A., Érika, Nerea, Paula F., Linda e Sabela reciben o premio pola súa poesía.



Aquí tendes os traballos premiados:

San Rosendo vixía o Mosteiro de Celanova dende o ceo  nesta composición elaborada con cartulina, ceras, rotuladores, purpurina e xornais polo alumnado de 1º de E.P.

Poesía que reflicte parte da vida do patrón de Celanova creada polas alumnas de 4º de E.P.


Parabéns aos grupos gañadores e por suposto, a todos os grupos participantes que se esforzaron para presentar composicións fermosas e orixinais.


Comentarios

  1. Noraboa polos premios! Moi bonita a poesía e moi orixinal o debuxo de San Rosendo cos xornais.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns! Fermosos traballos!

    ResponderEliminar
  3. Moitas felicidades. Moi orixinal tanto a poesia coma o dibuxo

    ResponderEliminar
  4. Enhorabuena a todos los ganadores por los premios. Muy bonitos y merecidos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.