Saltar ao contido principal

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO NO NOSO COLE

Como sabedes, o pasado mércores 23 de abril, celebrouse o Día do Libro a nivel mundial. O alumnado de Educación Primaria do noso centro participou en diversas actividades: lectura colectiva de diferentes capítulos de Don Quixote, proxección dunha curtametraxe sobre a importancia da lectura, elaboración de ilustracións de obras literarias célebres, participación nun xogo de busca na biblioteca con temática literaria, etc.
Deixamos aquí unhas fotos e un vídeo para que vexades algunhas das actividades coas que festexamos no noso cole unha data tan importante!










Comentarios

  1. O que máis me gustou foi facer todos xuntos as actividades na biblioteca e ler uns capítulos das aventuras de Don Quixote. Iria A. (2º Primaria)

    ResponderEliminar
  2. Gustoume todo o que fixemos na clase e na biblioteca, pero sobre todo o xogo para buscar as letras e contestar as preguntas de Don Quixote. María (2º Primaria.)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

MI ÚNICO PENSAMIENTO

Rubén Gómez Martínez

Premio do alumnado

Xa están publicados todos os traballos finalistas e gañadores do Certame Literario. Agora tócavos elixir a vós o derradeiro/a premiado/a. Para iso teredes que enviar un comentario no traballo finalista que máis vos guste, indicando o voso nome e curso (se non ten estos datos non computará como voto). Animádevos a participar na elección!!!!!!!!!!!!!!

TEXTOS POÉTICOS INÉDITOS DE ROSALÍA DE CASTRO

Deixámosvos aquí un enlace coa información sobre os poemas inéditos da nosa recoñecida poetisa Rosalía de Castro. A RAG presenta textos inéditos de Rosalía de Castro.