Como sabedes, o pasado mércores 23 de abril, celebrouse o Día do Libro a nivel mundial. O alumnado de Educación Primaria do noso centro participou en diversas actividades: lectura colectiva de diferentes capítulos de Don Quixote, proxección dunha curtametraxe sobre a importancia da lectura, elaboración de ilustracións de obras literarias célebres, participación nun xogo de busca na biblioteca con temática literaria, etc.
Deixamos aquí unhas fotos e un vídeo para que vexades algunhas das actividades coas que festexamos no noso cole unha data tan importante!
O que máis me gustou foi facer todos xuntos as actividades na biblioteca e ler uns capítulos das aventuras de Don Quixote. Iria A. (2º Primaria)
ResponderEliminarGustoume todo o que fixemos na clase e na biblioteca, pero sobre todo o xogo para buscar as letras e contestar as preguntas de Don Quixote. María (2º Primaria.)
ResponderEliminar