Saltar ao contido principal

II Certame Literario Escolar




O Colexio Sagrado Corazón
convoca
II Concurso Literario Escolar
 Curso 13/14
 Celanova é terra de poetas e como non podía ser menos convócase o segundo certame literario escolar con motivo do Día do Libro:


BASES DO CONCURSO
Participantes:
Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso.

Traballos:
O tema é libre (literatura, misterio, amor, natureza, fantasía, historia, medo, humor,...) e só se admitirán obras orixinais e inéditas.

1ª categoría, Educación Infantil e Primaria.

O alumnado poderá participar en dúas modalidades:
 Marcapáxinas: poderá ser realizado con calquera tipo de material e deberá incluir algunha frase que faga alusión á temática do certame (fomento da lectura, literatura, poesía, etc.).
Representación gráfica dun autor/a ou obra: os traballos poderán ser elaborados con calquera tipo de material, indicando por detrás o que simboliza ou representa (Rosalía de Castro, Shakespeare, Miguel de Cervantes, Benedetti, Julio Verne,...)

2ª categoría, Terceiro, Cuarto, Quinto e Sexto de Primaria.
3ª categoría, Primeiro, Segundo, Terceiro e Cuarto de Secundaria.

O alumnado poderá participar nunha das modalidades seguintes:
Poesía (máximo 20 versos)
Relato curto (ata 500 palabras)
Cómic
Relato (ata 1500 palabras)
As composicións poderán estar escritas en galego, castelán, inglés ou francés e ir encabezadas por un título. Presentaranse sen asinar e sen nome do/a autor/a.
Farase entrega dun exemplar de cada obra.
Para garantir o anonimato dos concursantes os traballos entregaranse baixo un pseudónimo (a identidade da persoa que ten ese pseudónimo só se fará pública despois da decisión do xurado, a correspondencia do nome do/a autor/a co pseudónimo será coñecida polo titor/a de cada curso).


Presentación:
Os traballos de Educación Infantil e Primaria en calquera das categorías poderán presentarse en formato papel ou dixital. Os traballos correspondentes a Educación Secundaria deberán presentarse en formato dixital.

Xurado:
O xurado estará formado polos compoñentes do proxecto lector e polo alumnado.

Premios e distincións:
Outorgaranse un máximo de 2 premios por cada modalidade.
No caso de que as obras non acaden unha calidade mínima (presentación, ortografía, redacción, etc.), o xurado poderá declarar o premio deserto.
O fallo do xurado farase público en maio, despois do día das Letras Galegas.

Prazos e recepción de escritos:
O Concurso queda aberto a partir da presente convocatoria.
O prazo de entrega das obras vence o día 23 de abril.
Os textos entregaranse aos membros do equipo lector (Cristóbal, Estefanía, Fátima e Lola), ou enviaranse ó enderezo electrónico: biblioteca.cprsagcorazon@gmail.com.

Entrega de Premios:
Os premios entregaranse en xuño de 2014 en presenza do xurado e de todos os profesores/as e compañeiros/as do centro.

Bases:
O feito de participar neste concurso implica a total aceptación das súas bases.



As obras premiadas serán publicadas na páxina web  do centro  que poderá facer uso delas coa finalidade de fomentar o gusto pola lectura.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA: FINALISTAS

Xa temos finalistas! Agora tócavos elixir a vós!  Para iso teredes que enviar un comentario indicando o número do lema escollido, o voso nome e o curso (se non ten estos datos non computará como voto) ata o vindeiro xoves 23 de Outubro (inclusive). Animádevos a participar na elección! FINALISTAS 1. Se queres pasar un gran rato, ven ler con Literrato. 2. Pasa un bo rato lendo con Literrato. 3. Aprender y soñar en un mismo lugar. 4. Si quieres aventura lánzate a la lectura. 5. Cada libro encierra un tesoro. Encuéntralo... 6. Para tu cabeza, lo mejor es ir a la biblioteca. 7. Si en el cole aprendes a leer, en la biblioteca sabrás qué hacer. 8. Si mundos maravillosos quieres conocer, coge un libro y ponte a leer.

Finalistas Debuxos Certame Literario

O alumnado do centro poderá elixir unha obra gañadora entre as finalistas, o fará mediante o seu voto, para o que deberá facer un comentario no debuxo que desexe que gañe identificándose de forma correcta (ou nome e apelidos ou nome e curso, para verificar que é un voto procedente do alumnado). O día 20 de xuño farase o reconto dos votos emitidos. Manuel María  J. K. Rowling   Cervantes    

Tick tock, tick tock.

Tick tock, tick tock. What time is it? I am late and I do not want to be late, I must go to the train station right away. I cannot miss the train, not this time. Hurry up, do not be distracted, run along the streets, crowded of people, cars, buses, noises, all the noises of the big city. I am leaving all that behind me and I feel no sorrow. I cannot lose the train. Tick tock, tick tock, the time goes by so quickly and we do not pay attention to it, we always miss those little things like a lonely snow flake floating in the air, the whisper of a river,… but we have no time for those small things. Hurry up! Keep on moving. There, there you see, the train station. I rush towards it as a free bird flying in the sky. Tick tock, tick tock, there it is the train, like a black shiny powerful horse getting ready to start running after the start signal bell. I think I am going to do it this time. I will catch the train, the train of my dreams, the train of my illusion, the train o...