Saltar ao contido principal

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL

1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Maruxa. Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. OQO Editora.
Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha grandísima habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.



O cullarapo Croque. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso.
Neste libro atoparedes poemas que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto, a individualidade....Os textos van acompañados por unas fermosísimas ilustracións.








Un bicho extraño. Mon Daporta. Kalandraka.
Unha historia sen fin, porque pasando as páxinas e dándolle a volta ao conto, podedes comezar de novo. Rima e ritmo, para descubrir a función lúdica da lectura.








3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A nena á que non deixaban ser feliz. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso.
A protagonista da obra enfróntase ao patriarcado establecido nunha orde social ríxida. Atopamos neste libro un reflexo da realidade do mundo dos nosos tempos.







Abuelas. Raquel Díaz Reguera. Lumen.
Non hai conto de fadas máis máxico co que unha avoa pode contarche co arquivo fotográfico da súa vida...






5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas. Xerais.
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle ao seu pai un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un susto, un agasallo moi singular: un cadaleito!!!






A praia da esperanza. Agustín Fernández Paz. Editorial Xerais.
Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para súa casa...Unha interesante historia do prestixioso escritor galego Agustín Férnández Paz.


Comentarios

  1. O primeiro trimestre foi longo, traballamos abondo e participamos en moitas actividades. Agora toca gozar duns días de lecer. Por iso, o Equipo do Plan Lector envía algunhas suxerencias de lecturas para que o pasedes ben neste Nadal. Esperamos que sexan do voso agrado! Desexamos que teñades unhas boas festas…e que recibades moitos libros entre os agasallos! Agardámosvos o vindeiro ano na biblioteca!

    ResponderEliminar
  2. Grazas polas recomendacións porque así nos resultará máis fácil atopar libros interesantes que sexan axeitados. Bo Nadal a todo o mundo e que o Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de libros!

    ResponderEliminar
  3. Grazas!!! O de Agustín Fdez. Paz está inspirado na catástrofe do Prestige. Din que está moi ben, que é xenial!!!

    ResponderEliminar
  4. Muy buena idea. Leeremos mucho mucho que nunca está de más.

    ResponderEliminar
  5. Gracias por que a veces estamos perdidos y a los niños les viene muy bien leer.

    ResponderEliminar
  6. Grazas por achegarvos ao noso traballo.
    Fonda aperta e feliz aninovo!!

    ResponderEliminar
  7. Só una cousa. O libro é meu e de Luz Beloso. Autora das fermosas ilustracións. ;)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA: FINALISTAS

Xa temos finalistas! Agora tócavos elixir a vós!  Para iso teredes que enviar un comentario indicando o número do lema escollido, o voso nome e o curso (se non ten estos datos non computará como voto) ata o vindeiro xoves 23 de Outubro (inclusive). Animádevos a participar na elección! FINALISTAS 1. Se queres pasar un gran rato, ven ler con Literrato. 2. Pasa un bo rato lendo con Literrato. 3. Aprender y soñar en un mismo lugar. 4. Si quieres aventura lánzate a la lectura. 5. Cada libro encierra un tesoro. Encuéntralo... 6. Para tu cabeza, lo mejor es ir a la biblioteca. 7. Si en el cole aprendes a leer, en la biblioteca sabrás qué hacer. 8. Si mundos maravillosos quieres conocer, coge un libro y ponte a leer.

Tick tock, tick tock.

Tick tock, tick tock. What time is it? I am late and I do not want to be late, I must go to the train station right away. I cannot miss the train, not this time. Hurry up, do not be distracted, run along the streets, crowded of people, cars, buses, noises, all the noises of the big city. I am leaving all that behind me and I feel no sorrow. I cannot lose the train. Tick tock, tick tock, the time goes by so quickly and we do not pay attention to it, we always miss those little things like a lonely snow flake floating in the air, the whisper of a river,… but we have no time for those small things. Hurry up! Keep on moving. There, there you see, the train station. I rush towards it as a free bird flying in the sky. Tick tock, tick tock, there it is the train, like a black shiny powerful horse getting ready to start running after the start signal bell. I think I am going to do it this time. I will catch the train, the train of my dreams, the train of my illusion, the train o...

Finalistas Debuxos Certame Literario

O alumnado do centro poderá elixir unha obra gañadora entre as finalistas, o fará mediante o seu voto, para o que deberá facer un comentario no debuxo que desexe que gañe identificándose de forma correcta (ou nome e apelidos ou nome e curso, para verificar que é un voto procedente do alumnado). O día 20 de xuño farase o reconto dos votos emitidos. Manuel María  J. K. Rowling   Cervantes