1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Maruxa.
Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. OQO Editora.
Maruxa decide dar unha lección ao
seu marido. Astuta, e cunha grandísima habilidade no manexo da retranca,
logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal
repartido e consegue que cambie de actitude.
O
cullarapo Croque. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso.
Neste
libro atoparedes poemas que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o
respecto, a individualidade....Os textos van acompañados por unas fermosísimas
ilustracións.
Un bicho extraño. Mon Daporta.
Kalandraka.
Unha historia sen fin, porque
pasando as páxinas e dándolle a volta ao conto, podedes comezar de novo. Rima e ritmo, para descubrir a función
lúdica da lectura.
3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
A nena á que non deixaban ser
feliz. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso.
A
protagonista da obra enfróntase ao patriarcado establecido nunha orde social
ríxida. Atopamos neste libro un reflexo da realidade do mundo dos nosos tempos.
Abuelas. Raquel Díaz Reguera. Lumen.
Non hai conto de fadas máis
máxico co que unha avoa pode contarche co arquivo fotográfico da súa vida...
5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Escarlatina, a cociñeira
defunta. Ledicia Costas. Xerais.
Como Román Casas quería ser un
auténtico chef, pediulle ao seu pai un curso de cociña para o seu décimo
aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día
tan especial recibiu un susto, un agasallo moi singular: un cadaleito!!!
A praia da esperanza. Agustín Fernández Paz. Editorial Xerais.
Raquel atopa unha buguina entre
as rochas da praia e decide levala para súa casa...Unha interesante historia do prestixioso escritor galego Agustín Férnández Paz.
O primeiro trimestre foi longo, traballamos abondo e participamos en moitas actividades. Agora toca gozar duns días de lecer. Por iso, o Equipo do Plan Lector envía algunhas suxerencias de lecturas para que o pasedes ben neste Nadal. Esperamos que sexan do voso agrado! Desexamos que teñades unhas boas festas…e que recibades moitos libros entre os agasallos! Agardámosvos o vindeiro ano na biblioteca!
ResponderEliminarGrazas polas recomendacións porque así nos resultará máis fácil atopar libros interesantes que sexan axeitados. Bo Nadal a todo o mundo e que o Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de libros!
ResponderEliminarGrazas!!! O de Agustín Fdez. Paz está inspirado na catástrofe do Prestige. Din que está moi ben, que é xenial!!!
ResponderEliminarMuy buena idea. Leeremos mucho mucho que nunca está de más.
ResponderEliminarGracias por que a veces estamos perdidos y a los niños les viene muy bien leer.
ResponderEliminarGrazas por achegarvos ao noso traballo.
ResponderEliminarFonda aperta e feliz aninovo!!
Só una cousa. O libro é meu e de Luz Beloso. Autora das fermosas ilustracións. ;)
ResponderEliminar