Saltar ao contido principal

CELSO EMILIO FERREIRO

Celso Emilio Ferreiro Míguez naceu en Celanova o 4 de Xaneiro de 1912.
Estudou cos Pais Escolapios, dos que recibiu unha formación cultural moi pouco común na época. Estivo relacionado dende moi novo co movemento nacionalista e a comezos dos anos 30 afiliouse ás Mocidades Galeguistas para iniciar unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país.
Cando estalou a guerra, Celso Emilio foi obrigado a se incorporar ao exército franquista. Estivo condenado a morte e, nas catro noites que pasou na cadea até que a familia acadou o indulto, escribiu o poema Longa noite de pedra, núcleo central do libro do mesmo título.
Finalizado o conflito, cursou Maxisterio e Dereito en Santiago de Compostela. Aínda que concluíu a primeira das carreiras, nunca chegou a exercer como mestre. Casou coa súa dona Moraima e instalouse en Pontevedra. Nesta cidade fundou en 1948 a colección Benito Soto.

Santiago González Gómez (6º de E.P.)

Establecido en Vigo dende 1949 como procurador, escribiu unha biografía d
Curros Enríquez (célebre escritor nado tamén na nosa vila) consciente de que a recuperación da figura do poeta podía xogar un papel importante no despertar da consciencia colectiva do país nun momento tan delicado. En Vigo publicou O soño sulagado (1954), colaborou en varias revistas e dirixiu, para Galaxia, a colección de poesía "Salnés", onde saíu, en 1962, Longa noite de pedra. O impacto desta obra foi enorme, esgotouse en moi pouco tempo, marcando un fito na historia da nosa literatura. Aínda que non era o primeiro poemario da corrente socialrealista, Celso Emilio pasou a ser o símbolo deste movemento.
En 1966 marchou a Caracas, onde axiña se enfrontou coa directiva da Irmandade Galega e o sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que escribiu Viaxe ao país dos Ananos (1968), polémico poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en Cantigas de escarnio e maldicir (1968), asinado baixo o pseudónimo Arístides Silveira, no romance de cego Paco Pixiñas (1970), en Os autentes (1973) e mais en Antipoemas (1972). Celso Emilio decántase pola actitude belixerante e o compromiso, pois entende que a poesía é un instrumento eficaz para transformar a realidade.
No ano 1973 instalouse en Madrid, onde desenvolveu unha intensa tarefa a prol da cultura e a literatura galegas, dedicándose por completo á actividade literaria e xornalística. Son desta época os poemarios Cimenterio privado (1973) e Onde o mundo se chama Celanova (1975). A morte sorpréndeo en Vigo o 31 de Agosto de 1979, nun momento en que Celso Emilio Ferreiro se convertera xa nun auténtico mito vivo para as novas xeracións.
Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.

Lucía Núñez e Sara López Sánchez (6º de E.P.)

Se queredes coñecer máis sobre a vida e a obra deste poeta nado na nosa vila, premede no enlace: http://celsoemilioferreiro.org/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA: FINALISTAS

Xa temos finalistas! Agora tócavos elixir a vós!  Para iso teredes que enviar un comentario indicando o número do lema escollido, o voso nome e o curso (se non ten estos datos non computará como voto) ata o vindeiro xoves 23 de Outubro (inclusive). Animádevos a participar na elección! FINALISTAS 1. Se queres pasar un gran rato, ven ler con Literrato. 2. Pasa un bo rato lendo con Literrato. 3. Aprender y soñar en un mismo lugar. 4. Si quieres aventura lánzate a la lectura. 5. Cada libro encierra un tesoro. Encuéntralo... 6. Para tu cabeza, lo mejor es ir a la biblioteca. 7. Si en el cole aprendes a leer, en la biblioteca sabrás qué hacer. 8. Si mundos maravillosos quieres conocer, coge un libro y ponte a leer.

Finalistas Certame Literario

O alumnado do centro poderá elixir unha obra gañadora entre as finalistas, o fará mediante o seu voto, para o que deberá facer un comentario na obra que desexe que gañe identificándose de forma correcta (ou nome e apelidos ou nome e curso, para verificar que é un voto procedente do alumnado). O día 20 de xuño farase o reconto dos votos emitidos. FINALISTAS: Relato: Las increíbles aventuras del gato man   Destinos diferentes, autor/a Pelirroja   O misterio da casa de enfrente autor/a A.P. Queen

Primeiro día de escola