Saltar ao contido principal

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA


O vindeiro 24 de outubro será o Día Internacional das Bibliotecas. Para celebralo, imos elixir o lema deste curso para a nosa biblioteca escolar.
BASES DO CONCURSO
Participantes:
Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente ano académico.
Presentación das propostas:
O obxectivo é buscar un lema para a nosa biblioteca. Por iso, os/as participantes poderán presentar as súas propostas indicando o seu nome e curso no revés da folla.
Xurado:
Levarase a cabo unha selección das mellores propostas que a continuación serán expostas no blog da biblioteca:
A decisión final correrá a cargo do alumnado do colexio mediante votación on-line.
Premios e distincións:
O/A gañador/a do concurso terá a honra de ter sido elixido como o/a creador do lema arredor do que tamén se traballará durante o presente ano académico.
O fallo do xurado farase público a finais do mes de outubro.
Prazos de entrega:
O concurso queda aberto a partires da presente convocatoria. O prazo de entrega das propostas vence o 16 de outubro. Haberá que entregalas aos integrantes do equipo do Proxecto Lector (Cristóbal, Estefanía, Fátima e Lola).








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia

Desde o portal 11 de Febreiro lanzouse unha campaña relacionada co Día Internacional da Muller e a Nena en ciencia, co propósito de  facer visible o traballo das científicas ao longo da historia, crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxeñería e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico. Aínda queda moito por facer para romper o sesgo que existe entre os homes e mulleres no ámbito científico, e os centros educativos teñen unha labor moi importante que realizar nese sentido!!! Podedes atopar información e material en: https://11defebrero.org

Premio do alumnado

Xa están publicados todos os traballos finalistas e gañadores do Certame Literario. Agora tócavos elixir a vós o derradeiro/a premiado/a. Para iso teredes que enviar un comentario no traballo finalista que máis vos guste, indicando o voso nome e curso (se non ten estos datos non computará como voto). Animádevos a participar na elección!!!!!!!!!!!!!!

MI ÚNICO PENSAMIENTO

Rubén Gómez Martínez