Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis coñecida, naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. En 1857 publica o seu primeiro libro, o poemario 'La flor' no xornal La Iberia. Rosalía casa no ano 1858, con Manuel Murguía e publica a súa primeira novela: 'La hija del mar'. A partires dese intre c omeza unha vida itinerante: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña… O matrimonio terá sete fillos. Tamén publica un manifesto feminista: “Lieders”. En 1863 publica 'A mi madre' e 'Cantares Gallegos', obra clave no Rexurdimento literario de Galicia. En 1880 publica 'Follas Novas', obra que a consagra como poetisa galega. Rosalía morreu o 15 de xullo de 1885, aos 48 anos de idade. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Andina que ela cantara en célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”. O 25 de maio de 1891 foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao dí...
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.