Cada 17 de maio festexamos na nosa comunidade autónoma o Día das Letras Galegas. Foi en 1963 cando se decidiu homenaxear a todas aquelas persoas de grande relevancia pola súa traxectoria adicada á creación literaria en galego ou pola defensa da nosa lingua. A celebración de tan sinalado evento foi proposta por algúns membros da Real Academia Galega que con motivo da conmemoración do centenario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (obra que marca o inicio do Rexurdimento) consideraron que a Academia debía fixar a data para unha celebración anual. Propúxose o día 17 de maio por ser cando Rosalía de Castro adicou a súa obra á súa amiga Fernán Caballero, sendo a propia Rosalía a primeira homenaxeada. Ao longo de todos estes anos de celebracións, son moitos os autores e as autoras aos que se lles ten adicado o Día das Letras Galegas. Así por exemplo, grandes escritores da nosa vila coma Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro foron homenaxeados en 1967 e 1989 respe...
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.