Saltar ao contido principal

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Manuel Curros Enríquez integra, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, a grande tríada dos clásicos do século XIX. Naceu na nosa vila en 1851 (na casa número 14 da Rúa de San Roque) de onde fuxiu aos quince anos por mor das tensas relacións familiares. Instalouse en Madrid a fins de 1866, cidade na que comezou a carreira de Dereito. Nesta época, tanto a través da súa obra xornalística como da literaria, podemos ver a ideoloxía republicana e progresista de Curros que, como moitos intelectuais da súa época, acreditaba en que o progreso científico, o dereito e a educación traerían a felicidade a toda a xente. A súa relación neste período coa lingua e a cultura galega era simplemente afectiva, de feito compuxo "A Virxe d'o Cristal", "O gueiteiro" e "Unha boda en Einibó" para as presentar a un concurso por petición da nai. O concurso fallouse en 1877, ano en que Curros se instalaba en Ourense como funcionario na Delegación de Facenda.
Nesta etapa ourensá, o noso poeta puido aplicar á realidade galega a súa ideoloxía progresista, e este confronto aproximouno aos rexionalistas. Aquí compuxo o seu poemario Aires d'a miña terra, que saía en 1880 e alcanzou inmediatamente un enorme éxito, acrecentado pola denuncia do bispo de Ourense, que solicitaba que fose confiscado e que o incluía no índice de libros prohibidos. Curros foi xulgado e absolto. A obra foi reeditada en 1881 e en 1886 con novas contribucións poéticas.
Santiago González Gómez (6º E.P.)

Cesado no seu posto de Facenda en 1883, Curros volveu instalarse en Madrid. Alí traballou como xornalista, primeiro en El Porvenir e despois en El País, ao tempo que preparaba O divino sainete no 1888. A crítica española recibiu este novo libro con eloxios, mais os amigos rexionalistas de Galiza cubriron a publicación cun veo de silencio. A pesar diso, Curros era un poeta recoñecido e foi coroado en Madrid, en 1893.
En 1894 Curros emigrou a Cuba. Alí dirixiu La Tierra Gallega e, cando esta publicación desapareceu, entrou na redacción de El Diario de las Familias, e despois no Diario de la Marina. A súa estancia cubana coincidiu co momento máis activo do movemento independentista, o que o levou a reflectir sobre o imperialismo. De feito, en Cuba espallou os ideais de rexeneración para Galiza e todas as iniciativas culturais: era xa máis rexionalista que republicano.
A claridade e a enerxía con que defendía o seu ideario, a súa rebeldía, creáronlle problemas ao longo de toda a súa vida. En 1904 volveu á Coruña onde foi recibido con mostras de entusiasmo. No poema "N'a tumba de Rosalía", Curros deixaba o seu testamento ideolóxico. Finalmente regresou a Cuba, onde morreu na Habana en 1908.
 A Real Academia Galega decide adicarlle o Día das Letras Galegas de 1967.
Lucía Núñez e Sara López Sánchez (6º E.P)
Para máis información sobre este célebre escritor da nosa vila, premede no enlace: Fundación Curros Enríquez

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.

Entrega Premios II Certame Literario

...E por fin chegou o día!!! A entrega de premios do II Certame Literario!! Comezamos polos máis pequenos/as, que fixeron uns marcapáxinas moi bonitos!!! Logo o alumnado de 2º de Infantil!! E o de 3º de Infantil!!!! E por último pero non menos importante!! A entrega de premios do alumnado de Primaria e Secundaria! Parabéns a todos e todas!!!!!!