Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO NO NOSO COLE

Como sabedes, o pasado mércores 23 de abril, celebrouse o Día do Libro a nivel mundial. O alumnado de Educación Primaria do noso centro participou en diversas actividades: lectura colectiva de diferentes capítulos de Don Quixote, proxección dunha curtametraxe sobre a importancia da lectura, elaboración de ilustracións de obras literarias célebres, participación nun xogo de busca na biblioteca con temática literaria, etc. Deixamos aquí unhas fotos e un vídeo para que vexades algunhas das actividades coas que festexamos no noso cole unha data tan importante!

Día do Libro

"Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera olvidado, un alma que perdona, destruído, un corazón que llora" (Proverbio hindú) Concordades co proverbio ?

Día do Libro

 O 23 de abril conmémorase o Día do Libro e dos Dereitos de Autor/a. Trátase dunha data importante para o fomentar a lectura, para reforzar os vínculos entre os/as lectores/as e os libros e sobre todo para tentar desenvolver un espíritu crítico e un pensamento propio entre os/as escolares. A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano ) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano ). O calendario xuliano tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes.  Hai moitas formas de festexar este día, aquí incluimos o enlace o "Rap do libro". Xa nos diredes se vos gusta!!!!   O rap do libro

II Certame Literario Escolar

O Colexio Sagrado Corazón convoca II Concurso Literario Escolar  Curso 13/14   Celanova é terra de poetas e como non podía ser menos convócase o segundo certame literario escolar con motivo do Día do Libro: BASES DO CONCURSO Participantes: Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso. Traballos: O tema é libre (literatura, misterio, amor, natureza, fantasía, historia, medo, humor,...) e só se admitirán obras orixinais e inéditas. 1ª categoría, Educación Infantil e Primaria. O alumnado poderá participar en dúas modalidades:   Marcapáxinas: poderá ser realizado con calquera tipo de material e deberá incluir algunha frase que faga alusión á temática do certame (fomento da lectura, literatura, poesía, etc.). Representación gráfica dun autor/a ou obra: os traballos poderá