O Colexio Sagrado
Corazón
convoca
II Concurso
Literario Escolar
Curso 13/14
BASES DO CONCURSO
Participantes:
Poderá
participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación
Secundaria matriculado no centro durante o presente curso.
Traballos:
O tema é libre (literatura, misterio, amor, natureza, fantasía,
historia, medo, humor,...) e só se admitirán obras orixinais e inéditas.
1ª categoría, Educación
Infantil e Primaria.
O alumnado poderá participar
en dúas modalidades:
Marcapáxinas: poderá ser realizado con
calquera tipo de material e deberá incluir algunha frase que faga alusión á
temática do certame (fomento da lectura, literatura, poesía, etc.).
Representación gráfica dun autor/a ou obra: os
traballos poderán ser elaborados con calquera tipo de material, indicando por
detrás o que simboliza ou representa (Rosalía de Castro, Shakespeare, Miguel de
Cervantes, Benedetti, Julio Verne,...)
2ª categoría, Terceiro, Cuarto, Quinto e Sexto de Primaria.
3ª categoría, Primeiro, Segundo, Terceiro e Cuarto
de Secundaria.
Poesía (máximo 20 versos)
Relato curto (ata 500 palabras)
Cómic
Relato (ata 1500 palabras)
As composicións poderán estar escritas en galego,
castelán, inglés ou francés e ir encabezadas por un título. Presentaranse sen
asinar e sen nome do/a autor/a.
Farase entrega dun exemplar de cada obra.
Para garantir o anonimato dos concursantes os traballos
entregaranse baixo un pseudónimo (a identidade da persoa que ten ese pseudónimo
só se fará pública despois da decisión do xurado, a correspondencia do nome
do/a autor/a co pseudónimo será coñecida polo titor/a de cada curso).
Os
traballos de Educación Infantil e Primaria en calquera das categorías poderán
presentarse en formato papel ou dixital. Os traballos correspondentes a
Educación Secundaria deberán presentarse en formato dixital.
Xurado:
O
xurado estará formado polos compoñentes do proxecto lector e polo alumnado.
Premios e distincións:
Outorgaranse un máximo de 2 premios por cada modalidade.
No caso de que as obras non acaden unha
calidade mínima (presentación, ortografía, redacción, etc.), o xurado poderá
declarar o premio deserto.
O fallo do xurado farase público en maio, despois do día das Letras Galegas.
Prazos e recepción de escritos:
O Concurso queda aberto
a partir da presente convocatoria.
O prazo de entrega das obras vence o día 23 de abril.
Os textos entregaranse aos membros do equipo lector (Cristóbal, Estefanía, Fátima e Lola), ou enviaranse ó enderezo electrónico: biblioteca.cprsagcorazon@gmail.com.
Os textos entregaranse aos membros do equipo lector (Cristóbal, Estefanía, Fátima e Lola), ou enviaranse ó enderezo electrónico: biblioteca.cprsagcorazon@gmail.com.
Entrega de Premios:
Os
premios entregaranse en xuño de 2014 en presenza do xurado e de todos os
profesores/as e compañeiros/as do centro.
Bases:
O
feito de participar neste concurso implica a total aceptación das súas bases.
As obras premiadas serán publicadas na páxina web do centro que poderá facer uso delas coa finalidade de fomentar o gusto pola lectura.
Comentarios
Publicar un comentario