O alumnado do centro poderá elixir unha obra gañadora entre as finalistas, o fará mediante o seu voto, para o que deberá facer un comentario no debuxo que desexe que gañe identificándose de forma correcta (ou nome e apelidos ou nome e curso, para verificar que é un voto procedente do alumnado). O día 20 de xuño farase o reconto dos votos emitidos. Manuel María J. K. Rowling Cervantes
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.